try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

COVID-19

INFORMACIÓN COVID 19

Neste apartado manteremos informada á Comunidade Educativa do CEIP de Rebordáns en relación aos documentos oficiais xerados na actual crise sanitaria xerada polo COVID-19

AVISO IMPORTANTE (17-11-20) CRITERIOS E DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS

A Xunta vén de publicar a ORDE do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria.

Todo o alumnado que recibiu as axudas de material escolar da Consellería de Educación no presente curso beneficiarase do reparto de máscaras de forma directa, sen ter que solicitalo.

O alumnado non beneficiario das axudas de material escolar tamén poderá solicitalas sempre que cumpra un dos seguintes requisitos:

- Familias cunha renda per capita igual ou inferior a 6000€ (no exercicio fiscal 2018).

- Alumnado cunha discapacidade igual ou superior a 65%.

IMPORTANTE: 

- Débese cubrir o ANEXO I e o ANEXO II  e presentar o Libro de Familia.

- Estes impresos deben entregarse no centro de forma PRESENCIAL.

- O prazo de presentación é do 16 ao 27 de novembro.

 

Distribuir contido