try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

CABANA DE VIMBIO VIVO

Nestas últimas semanas estivemos creando colectivamente, da man de Julia De La Cal, unha cabana natural e viva plantando vimbio. Esta actividade está enmarcada no proxecto Biblioteca Creativa.

Julia De La Cal ofreceunos a posibilidade de que todo o alumnado do noso cole, participara neste obradoiro utilizando técnicas de cestería e fibras vexetais.

Tiñamos que entrelazar varas de vimbio e todos e todas conseguimos un novo espazo natural onde poder xogar.

Estamos a desexar poder estrealo!

Mirade o proceso no vídeo

.

PERÍODO DE ADMISIÓN CURSO 22-23

PRAZAS VACANTES OFERTADAS PARA O CURSO 2022-23

NIVEL                        

Nº DE PRAZAS VACANTES 2022-2023
4º Ed, Infantil (3 anos) 22 prazas + 3 prazas ANEAE
5º Ed. Infantil (4 anos)  
19 prazas
6º Ed. Infantil (5 anos) 
16 prazas
   
1º Ed. Primaria 14 prazas + 3 prazas ANEAE
2º Ed. Primaria 7 prazas
3º Ed. Primaria 10 prazas
4º Ed. Primaria 10 prazas
5º Ed. Primaria 11 prazas
6º Ed. Primaria 10 prazas

ENTROIDO EN REBORDÁNS!

A pandemia non pode cos nenos e nenas de Rebordáns! Cumpriron os mandatos do Tepo, disfrazáronse a reo e tamén gozaron comendo as delicias propias do Entroido.

Se queredes ver máis, atrevédevos a pinchar na foto.

DÍA DE ROSALÍA: SEMENTADE PENSAMENTOS.

"SEMENTADE PENSAMENTOS"

Fermosísima frase proposta pola AELG, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, para homenaxear este ano a nosa Rosalía.

E nós... por iso, entre pensamentos e cores e... outros máis fascinantes... cales son os pensamentos das nosas nenas e nenos? Soamente tivemos que preguntarlles.

Pintaron pensamentos e escribiron palabras referidas aos poemas de Rosalía. Logo adornaron o seu retrato con eles.

Tamén cada unha das aulas plantou pensamentos utilizando material de reciclaxe. E colocáronse pola entrada do noso cole.

Pinchade na imaxe para escoitar aos nen@s de 4º recitando un fermoso poema.

  

 

ENTROIDO 2022!

Aquí están os mandatos de Tepo!

Este ano relacionados co proxecto ESCULTUIRÍZATE!

E lembrade... o venres, DISFRACE LIBRE!

Evitaremos caretas, maquillaxes e antifaces, para facilitar o uso da mascarilla.

 

  

 

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Achégase ese importante momento no que as familias tedes que decidir en que colexio ides inscribir aos vosos fill@s. 

Queremos axudarvos nesa delicada tarefa e por iso poñemos á vosa disposición, durante os martes do mes de febreiro, as Xornadas de Portas Abertas.

Nestas xornadas acompañarémosvos polas nosas instalacións e resolveremos con vós, todas esas dúbidas que son naturais neste proceso.

Contactade por teléfono ou por whatsapp para concertar unha cita:

886 110 817-----698 120 381

 

 

 

30 de xaneiro. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Programa LECTURA E FAMILIAS

Temos o pracer de informarvos que o noso cole foi seleccionado para participar no programa de Lectura e Familias.

En breve, xuntos poñeremos en marcha novas iniciativas que impulsarán a creación de lectores competentes.

 

ESTE NADAL...ESCULTUIRÍZATE NO CEIP DE REBORDÁNS

 

 O alumnado do Ceip de Rebordáns felicita estas festas a través da escultura e as diferentes linguas dos países onde se atopan.

  

Distribuir contido