try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

MÁIS LETRAS GALEGAS, DA MAN DAS TANXUGUEIRAS.

A derradeira actividade que levamos a cabo na Semana das Letras Galegas foi unha actividade colaborativa na que participou todo o alumnado do centro escolar. Despois de tantas restriccións...que ganiñas tiñamos de celebrar todos xuntos!

E para mostra...esta fantástica coreografía que preparou con moito agarimo e dedicación, dende o departamento de música. Eles e elas disfrutaron moito. Agora tócavos a vós.

RECITAL POÉTICO LETRAS GALEGAS 2022

O noso alumnado deu mostra da súa competencia lingüística e comunicativa a través do recitado en público dalgúns poemas da nosa literatura galega. Non perdades o vídeo que ven a continuación:

FONDOLIBROS E AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS. CURSO 2022/23

Aberto o prazo para solicitar o FONDOLIBROS e as axudas para adquirir libros e material escolar.

O PRAZO REMATA O DÍA 22 DE XUÑO.

Para máis información clicar nos seguintes arquivos:

FONDOLIBROS FAMILIAS

ORDE FONDOLIBROS 22-23

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2022

Celebramos a Semana Cultural das Letras Galegas!

Teatro: A que sabe a Lúa?, a cargo de Margarita e Vanesa, dúas nais da anpa.

Exposición da biografía de Florencio Manuel Delgado Gurriarán polo alumnado de 6º.

Recital poético.

Charla didáctica e actuación de Pancho Álvarez.

Coreografía de Terra, Tanxugueiras.

Participación no Correlingua dos cursos de 1º, 2º e 5º de primaria.

Libro de lapelas.

 

 

PAULA CARBALLEIRA: CONTAR PARA O SÉCULO XXI

Ola, familias!

Enmarcado no programa Lectura e Familias o martes 10 de maio ás 16:30 horas recibimos na nosa biblioteca a Paula Carballeira.

Paula Carballeira é licenciada en Filoloxía Hispánica e dedícase profesionalmente ao teatro e a narración oral.

Vainos ofrecer o obradoiro "Contar para o século XXI" e mostraranos estratexias para que contar contos sexa unha actividade en familia do máis pracentera.

Non podedes faltar!

 

 

XIII TUI LE

O alumnado de 6º de educación infantil e 4º de primaria participou o 22 de abril na XIII Edición do TUI LE.

Entre todos os cursos realizamos un cartel para que nos represente na exposición. Escollimos á escritora e ilustradora Anaír Rodríguez.

Os seus libros Pioneiras 1 e 2 achégannos historias de mulleres cuxo empeño por realizarse son un referente para tod@s nós.

 

DIRECTRICES USO MÁSCARAS NO ÁMBITO ESCOLAR DA C. A. DE GALICIA

Prezadas familias:

Vén de publicarse o documento que recolle as directrices para o uso das máscaras nos centros educativos.

Para consultalo preman AQUÍ. 

MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR. ABRIL 22

RUTA DAS ESCULTURAS EN TUI

Seguimos traballando no noso proxecto de centro: EsculTuirízate.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria puido observar máis a fondo e coñecer aspectos relativos a algunhas das esculturas máis relevantes da nosa vila da man de Sara Quintana Vila, unha guía estupenda.

 

8 MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo foi traballado no centro nas diferentes aulas. Unha mostra do que se fixo. Dentro video! Artistaz@s!

Distribuir contido