try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL 22.

Para coñecer o resultado do SORTEO polo cal se designan os titulares e suplentes da Xunta Electoral pinche AQUÍ.

FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

O luns 24 de outubro festexamos o Día das Bibliotecas resolvendo uns retos que apareceron no noso cole. E como somos uns fantásticos investigadores, despois dunha gran tarefa, conseguimos superalos todos!

Averiguamos que o tema do noso proxecto de centro para este curso será o cine, e descubrimos que o nome elexido para a biblioteca é a Tepoteca.

Ademais Tepo e Tepa tíñannos unha sorpresa final. Unha vez resoltas todas as probas, apareceron uns cofres. Averiguamos a contrasinal e abrimos o cadeado. No seu interior había entradas para acudir ao cine a Vigo.

Foi unha mañá moi especial e esperamos máis sorpresas!

Estade atent@s!

 

 

 

 

 

 

REBORRADIO - QUINTO DE PRIMARIA ENTREVISTA A LUCÍA, A NOSA AUXILIAR DE CONVERSA.

Aquí tedes a segunda emisión quincenal do programa Reborradio. O alumnado de quinto foi o encargado desta nova entrega.

Agradecemos a Lucía, a nosa auxiliar de conversa, que respostara as nosas preguntas.

Premede e... a escoitar!

 

 

PROGRAMA SAMAÍN 2022

SORTEO XUNTA ELECTORAL 2022

24 DE OUTUBRO... COMEZA A AVENTURA!

Tepo e Tepa xa teñen todo preparado. E vós... estades list@s?

Luns 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, unha xornada cheíña de sorpresas!

AMPLIACIÓN AXUDA PARA ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR

Prezadas familias:

No DOG do día 14 de outubro, publícase a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022. Máis información na web do colexio.

Todas aquelas familias que foron beneficiarias do vale de 50€ para a adquisición de material escolar poderán vir recoller outro vale de 25€.

O horario de secretaría é de luns a xoves de 13:30 a 14:10 e os venres de 10:55 a 11:45.

Os vales deben utilizarse preferentemente antes do 1 de decembro, aínda que a súa valided é ata o 10 de abril de 2023.

 

RESOLUCIÓN de 5 de octubre de 2022 de concesión directa de la ampliación de la ayuda para adquirir material escolar, regulada en la Orden de 29 de abril de 2022.

MELLOR COMEZO...IMPOSIBLE! FORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Como xa sabedes o centro foi seleccionado pola Consellería de Educación para participar no Proxecto de Polos Creativos. Isto suporá unha mellora nas instalacións do centro e por suposto na dotación de material dixital e tecnolóxico para o alumnado e a súa formación.

 

Dentro do proxecto presentado polo centro, inclúense unha serie de sesións que están destinadas ás familias. O pasado martes celebrouse a primeira.

Contamos cunha primeira parte, na que se falou da aplicación Abalar  e o seu funcionamento. Fou unha charla curta e sinxela onde as familias puideron resolver as súas dúbidas sobre enviar e recibir mensaxes, mirar as notas, xustificar as faltas ou pedir unha titoría.

A segunda parte da formación foi impartida polo asesor de AMTEGA, "Harold" no que nos dou a coñecer o formato de ensino E-Dixgal e o seu funcionamento.

Unha xornada agradable de información, charla e resolución de dúbidas.

CONTINUARÁ...

Plan Dixital 2022_2023

Distribuir contido