Skip to Content

REBORRADIO 

 

proxecto

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Neste pasado mes de novembro conmemoramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

A nosa Tepoteca tamén quixo unirse coa realización do obradoiro "SOS, a Terra".

A continuación, clicade na imaxe para ver o vídeo.

SUPERESTREO DO VÍDEO PROMO DO COLE!

Ola familias!

Teño o pracer de presentarvos o vídeo onde mostramos o noso colexio. Está feito baixo a visión e o traballo dos nenos e nenas de 5º dentro do Proxecto Polos Creativos. Non podemos estar máis orgullosos do noso alumnado.

Botade unha ollada premendo na imaxe!

REBORDÁNS, CÁMARAS... E ACCIÓN!

E por fin chegou o día!

Despois de superar os retos do día das bibliotecas, tocaba gozar da nosa recompensa... o visionado de dúas estupendas películas: El monstruo de colores e Super 8.

Deste xeito iniciamos o noso proxecto: Rebordáns, cámaras... e acción!

Nos Multicines Norte explicáronnos con todo detalle o funcionamento dunha sala de cine, vimos as películas e comemos flocos de millo.

Pasámolo xenial!

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Iniciamos o mes da ciencia coa visita dos científicos Amparo e Suso do Museo Científico de Gondomar. Viñeron a ensinarnos ciencia relacionada co noso proxecto deste curso: o cine.

Experimentamos observando as primeiras imaxes en movemento da historia do cine (zoótropo) e as imaxes do futuro (hologramas).

Aprendemos o que son as luces estroboscópicas, xogamos coas sombras de cores e para rematar convertémonos en ciéntificos comprobando cun disco de Newton que a luz branca está formada polas sete cores do arco da vella.

Quen sabe se hai algún futuro científico entre as nenas e nenos de Rebordáns!

Non volo perdades!

Premede na imaxe.

 E no noso recuncho de lectura do corredor, podedes botar un ollo a nosa exposición de libros de ciencia.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS! RETOS....SUPERADOS!

 

24 DE OUTUBRO... COMEZA A AVENTURA!

Tepo e Tepa xa teñen todo preparado. E vós... estades list@s?

Luns 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, unha xornada cheíña de sorpresas!

PROXECTO ESCULTUIRÍZATE: CREBACABEZAS

Continuamos co noso proxecto de centro EsculTUIrízate.

Tepo e Tepa precisaban a nosa axuda de novo.

Unhas pezas de crebacabezas apareceron na biblio e... menudo lío montouse!

Pero as nenas e nenos de Rebordáns son todos uns expertos e conseguiron resolver o enigma.

Aquí tedes unha mostra en imaxes da nosa aventura!

 

 

RUTA DAS ESCULTURAS EN TUI

Seguimos traballando no noso proxecto de centro: EsculTuirízate.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria puido observar máis a fondo e coñecer aspectos relativos a algunhas das esculturas máis relevantes da nosa vila da man de Sara Quintana Vila, unha guía estupenda.

 

ESCULTUIRÍZATE: MISIÓN NUBE DE PALABRAS

Misión cumplida!

Seguindo as instrucións de Tepo e Tepa, creamos nubes de palabras sobre que é a arte da escultura para nós. Entregámolas na biblio e... de aí foron dereitiñas a nosa exposición!

 

 

 

 

 

 

MISIÓN ESCULTUIRÍZATE

O xoves aparareceron nas aulas do noso cole unhas mensaxes enviadas por Tepo e Tepa. Tiñan unha proposta para nós; debiamos resolver as pistas e atopar o material onde realizar unha nube de palabras sobre o tema do noso proxecto de centro. Puxémonos en marcha e todas as clases atoparon unha escultura; alí realizariamos a misión.

A continuación tedes unha mostra en imaxes do ben que o pasamos.

    

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut