actividades

Tui Le, 23 de Abril 2020

Para esta data estaba programada a undécima edición de “Tui Le”, unha xornada de actividades arredor do libro e a lectura que organizan anualmente as bibliotecas escolares dos colexios e institutos de Tui xunto coa Biblioteca Municipal tudense .

No lugar deste  encontro anual, que estaba programado para o venres 24 de abril , haberá a través das redes sociais do Concello de Tui o acceso a unha mensaxe que cada centro bibliotecario ofrecerá para conmemorar esta data e lembrar a todos que a lectura é unha boa alternativa para este tempo de confinamento.

Dende o centro sumámonos á esta iniciativa con este vídeo dun poema do tudense Emilio Álvarez Blázquez, cos mellors desexos de boa lectura.

 

30 xaneiro, Día da Paz

O día 30 de xaneiro , todo o alumnado e profesorado do centro celebramos o Día da Paz. Ao  longo da semana ,  realizaronse  actividades  para   atopar " superheroes" que tiveran " superpoderes" para conseguir un mundo mellor. Así se traballaron valores como: xustiza, empatía, amizade, igualdade...

Todos os traballos quedaron expostos nos corredores arredor de Tepo que, cos seus "superpoderes" , mostrounos unha chea de libros relacionados coa Paz.

 

 

 

24 de outubro. DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

     O pasado 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca Escolar. Foi un día moi especial xa que o noso querido Tepo, a mascota da biblioteca, volveu da marabillosa viaxe que comezou en xuño. En setembro diferentes personaxes de conto contábannos polos corredores do colexio que Tepo andaba xa agochado e que o día 24 nos agardaba unha sorpresa. O día chegou e... por quendas buscamos a Tepo, xa que deixou pistas e instruccións  agochadas por todo o colexio. Tepo xa está de novo na biblioteca coidando dos libros e desexando que o visitedes.

Biblioteca Inclusiva: Día Internacional das persoas con discapacidade

Neste 3 de decembro,Día Internacional das persoas con discapacidade, queremos que a biblioteca sexa un espazo máis de inclusión dentro do centro. Para isto estamos a incrementar o equipamento e recursos en diferentes soportes e formatos adaptados ao alumnado con necesidades específicas.

11 de febreiro: Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

 

Na actualidade, menos do 30 por cento dos investigadores en todo o mundo son mulleres. Só ao redor do 30 por cento de todas as estudantes escollen estudos superiores dentro do campo das ciencias, a tecnoloxía, a ingeniería e matemáticas . A nivel mundial, a matrícula de estudantes femininas é particularmente baixa en tecnoloxía da información e as comunicacións , cun tres por cento; ciencias naturais, matemáticas e estatísticas, cun cinco por cento, e en ingeniería, manufactura e construción, cun oito por cento.Os prejuicios e os estereotipos de xénero que se arrastran desde fai moito tempo continúan mantendo ás nenas e mulleres afastadas dos campos relacionados coa ciencia.

Coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas, o 11 de febreiro foi declarado pola ONU como o "Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia".

Préstamos ás familias

A  biblioteca conta , dende hai uns anos,  cun espazo dedicado ás familias.

Fundamentalmente son as nais as que fan uso deste servizo de empréstito,

tendo acceso a obras tanto en galego como castelán.

As principais novidades editoriais están presentes nestes andeis.

 

 

25 Novembro, Día contra a violencia de xénero

Para denunciar a violencia de xénero e educar en igualdade, o alumnado de 1º de primaria ilustrou o conto de Adela Turín "Rosa Caramelo".Xa con  ilustracións propias,  escenificouse para o resto do alumnado na biblioteca do centro.

O alumnado de 6º fixo unha presentación para concienciar ao alumnado da importancia de educar en igualdade para rematar coa violencia de xénero.

O 25N non é unha festa, é unha data a borrar do noso imaxinario, pero até entón, aínda queda moito por facer e moitos muros que derrubar.

Libros terroríficos

Na última semana de outubro, todo o centro participou na celebración do Samaín.

O alumnado de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º  ,utilizando elementos do noso monte,  imaxinaron trasnos, pantasmas e outras criaturas que sempre aparecen nestas datas. O alumnado de 5º e 6º cociñou uns "postres terroríficos".

Todo estivo exposto nos corredores ata que chegou o tempo de dar boa conta destes  doces " asquerosos".

Por outra banda, unha chea de libros terroríficos sairon da biblioteca para quedar expostos polos corredores do colexio.

A semana deu para moito: buscamos información,decoramos,cociñamos... Traballamos moito, pero  pasámolo moi ben.

 

Lecturas ás escuras

Este é o nome dunha das actividades que, a proposta do equipo de biblioteca,  realizamos no centro para celebrar o Samaín.

Por titorías e no tempo da hora de ler, apáganse todas as luces e os alumnos e alumnas len os relatos terroríficos dos que son autores. Relatos pragados de bruxas, curuxas e toda unha serie de seres fantásticos propios desta data.

                     O alumnado de 2ºde Primaria realiza " Lecturas ás escuras".

Distribuir contido