Skip to Content

6º Curso

O noso guindastre hidraúlico

 Uns días antes das vacacións de Semana Santa, os alumnos de sexto curso fixemos un aparello moi curioso. Según o que nos explicou o noso mestre, era un guindastre hidráulico, unha máquina que funciona dependendo da presión e movemento da auga. En total fixemos dúas, e unha delas fabricámola os da miña clase xunto co noso mestre, Nacho.

(Ver vídeo)

Daniel Souto Pazó, premiado pola Voz de Galicia

Fallado o concurso infantil de redacción e debuxo da Voz de Galicia.

Máis de 1500 escolares de preto de 25 municipios na área de influenza da delegación da Voz de Galicia de Santiago de Compostela participaron nos concursos de debuxo e redacción "Coñece o teu concello".

Precisamente na modalidade de redacción, o noso compañeiro, veciño e alumno, Daniel Souto Pazó, gañou o primeiro premio no seu relato sobre a orixe de Brión.

Os gañadores recibirán un Apple Ipad mini e os cuatro accésits consistirán en sendas Tablet Samsung. Os agasallos entregaránse nun acto no pazo de Raxoi próximamente.

Non será este o primeiro nin o último premio para Daniel, lembremos que o curso pasado, Daniel recibirá un dos premios gañadores no XI Certame Literario do Concello de Ames.

Noraboa compañeiro, todos estamos orgullosos e disfrutamos co teu premio.

Premendo nesta ligazón, accederás ao traballo presentado por Daniel e premiado no concurso.

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Para celebrar o DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA, o equipo da biblioteca pediunos facer unha árbore na que plasmar diversos poemas relacionados co tema a traballar na escola, A LUZ. O que os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil A escollimos titúlase RAIOLA do libro FARRAPOS DE NUBE de XOAN NEIRA e os nosos padriños e madriñas de lectura de 6ºC axudáronnos a facelo.

Queremos mostrarvos o resultado.

Excursión fin de curso, 6º de Primaria

Dende esta sección poderemos seguir diariamente a excursión do alumnado do centro. Todos os días, dende o centro, contactamos co alumnado e profesorado que nos contará como o están pasando. Tamén publicaremos imaxes na galería.

Preme na LIGAZÖN para acceder á páxina

Excursión 6º primaria: SORTEO DE CESTA

O alumnado de 6º de Primaria agasallará cunha magnífica CESTA con productos de primeira calidade, donados polas distintas casas comerciais que suministran o centro, ao posuidor/a do boleto que coincida coas  catro últimas cifras do primeiro premio da Lotería Nacional  do sábado día 19 de abril de 2014.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Entroido 2014

sentímolo, flash non está dispoñible.

Entroido 2014 - 6º de Primaria

sentímolo, flash non está dispoñible.

Escola de vela - O Freixo 2013

No mes de outubro visitamos as instalacións naúticas do Freixo-Outes.

 

Alí co profesorado e tres monitores de vela iniciámonos neste deporte. Foi todo un descubrimento. Pasámolo tan ben que xa estamos desexando repetir. Animámosvos a todos/as a participar.

Visitade a galería de imaxes e veredes que ben o pasamos.

Alumnado de 6º de primaria. Curso 2013/14


 

 

 

 

 

 

 

Antroido total 2013

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut