Skip to Content

O noso guindastre hidraúlico

 Uns días antes das vacacións de Semana Santa, os alumnos de sexto curso fixemos un aparello moi curioso. Según o que nos explicou o noso mestre, era un guindastre hidráulico, unha máquina que funciona dependendo da presión e movemento da auga. En total fixemos dúas, e unha delas fabricámola os da miña clase xunto co noso mestre, Nacho.

(Ver vídeo)


 Ao principio, como non sabiamos moi ben que facer, íamos moi lentos, pero despois de consultar varias páxinas en internet e ver diversos videos de como se facía, comezamos a avanzar a máis velocidade.
 Cando xa pensamos que ía a ser sinxelo, chegou unha parte moi complicada, que consistía en poñer xeringas para que pasaran os líquidos de cores que nos fixemos e así poder mover correctamente a grúa. Aí tardamos un chisco, pero despois o traballo continuou sen ningún imprevisto.
Cando por fin o rematamos, todos estábamos cansos pero contentos e abraiados polo resultado; mesmo semellaba que algún ís papar unha mosca coa boca tan aberta! Eu tamén estaba impresionada, o traballo deixounos exhaustos, pero mereceu a pena.
Pero todos os traballos que facemos na clase non son solo divertidos, senon que sempre aprendemos algo.
 Eu aprendín que, depende de en que zona da grúa esté situada a auga, esta podía subir, baixar, abrir as pinzas e pechalas... Ademais de iso, ahora se algún día estou aburrida, sei que podo facer cousas de este tipo, xa que ademais de divertirme podo aprender cousas novas. O meu mestre deixounos a min e a dous compañeiros máis probalo experimento. Estivemos uns minutos pensando que podiamos facer, e ao final decantámonos por recoller unha tapa de pegamento do chan, xa que esta é moi lixeira e a grúa pode levantala sen problemas.
Finalmente, fixemos un video no que levantábamos a tapa do pegamento; estábamos tan contentos!      
(Aínda que antes de grabar o video foi un proba e error e tivemos que grabar moitas tomas para que, ao rematar, quedase moi ben)

Pasámolo moi ben facendo este tipo de experimentos porque non solo son máis divertidos que os exercicios do libro, senón que aprendemos entendendo , e por eso  a min gutaríame facer algún máis.
Eu creo que o que máis aprendemos neste proxecto foi a traballar en equipo e saber que, se nos axudamos os uns aos outros, os resultados son mellores.

Martina Sambade Formoso  6ºC



page | by Dr. Radut