Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

Cursos Infantil

 
                    
                4º Educación Infantil          5º Educación Infantil            6º Educación Infantil
 

Érase unha vez...

Érase unha vez un lugar especial. Moi especial...

Era un lugar marabilloso no que as nenas e os nenos atopaban a maxia de ser e de vivir.

Que lugar cheo de soños !!!!!...e de ciencia e de experiencias, de risas e de coñecementos. De choros e de apertas, de enfados, de amores, de alicerces...

Era un lugar de mancharse co barro e bailar baixo a chuvia, de pintar e cantar, de bailar e xogar.

Un lugar cálido e fermoso no que nenos e nenas observan, tocan, discuten, falan, crean. Aprenden e ensinan. Onde cada día é novo e diferente e que mostra todos os camiños para crecer e para percorrer a vida.

Un lugar que acolle e ofrece oportunidades. Onde caben todas, todos, coas súas diferenzas e as súas peculiaridades, con moita alegría e unha pizca de travesura.

Un lugar que xera enerxía e benestar.

Ese lugar é o noso lugar, onde queremos estar e compartir. Ese lugar está en Fene, é a nosa escola.

O colexio Centieiras.

  

A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

A Xanela do Maxín ofrécenos o vídeo da obra completa:  " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"


 

Enquisa mellora da biblioteca

Estimadas familias:

Este ano comezamos no centro co PLAMBE (Plan de Mellora da Biblioteca Escolar) que ten como finalidade unha renovación da mesma. Dentro deste proxecto de innovación da Consellería, establecemos ao comezo de curso unha serie de obxectivos de diferente natureza: aumentar os fondos bibliográficos e recursos en xeral, renovación de espazos, mellorar as competencias informacionais no alumnado ou aumentar a participación de diferentes sectores da sociedade nas actividades que se levan a cabo.

Así mesmo, vencellado a isto levamos a cabo un PDI (Proxecto Documental Integrado) é dicir, un proxecto de centro -cuxo motor é a biblioteca- no que o alumnado de todos os cursos, cunha liña temática común indaga e aprende sobre diferentes aspectos do mesmo a través de metodoloxías activas, e que culmina nun produto ou produtos finais. Como xa sabedes, o tema deste curso foi o Camiño de Santiago.

Froito destas novidades gustaríanos dende o Equipo de Biblioteca contar coa vosa opinión sobre os cambios acontecidos neste curso 2019-2010 así como coas vosas propostas de mellora e suxestións de cara aos vindeiros cursos.

Para garantir o anonimato na realización dos cuestionarios non é preciso indicar unha conta de correo electrónico e é por isto polo que rogamos que realicedes o cuestionario SÓ unha vez.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Facendo clic, accederedes á mesma:

 

ENQUISA

 

Tedes ata o 21 de abril!

Popostas de actividades inglés.

Ola familias!!

 Aquí tedes unha manualidade para que fagades, se vos apetece, e os nenos e nenas lembren a “ Shark family”. No mesmo enlace tedes o video que de seguro lles gustará.

Déixovos tamén varias propostas interesantes:

  •         SUPER SIMPLE SONGS: Nesta páxina hai centos de contidos: debuxos, cancións, programas educativos, manualidades... ademais                                                    están algunhas das cancións aprendidas en clase, que seguro recoñecen.
  •          

    CLAN TV EN INGLÉS:  A través desta páxina web tedes as series de CLAN TV dispoñibles en inglés .

 

Podedes ver, se vos apetece, os debuxos de sempre en inglés, so hai que configurar a TV  para que estea en versión orixinal (ou o mesmo seleccionando esa opción en NETFLIX, DISNEY +, outras plataformas ou calquera DVD).

 

 

Actividades de religión

HOLA, HOLA ,HOLA, NIÑOS

Aquí tenéis unas pequeñas cápsulas de diversión.

Hay que hacerlas de una en una, pero, si no quedáis contentos,  podéis hacer de dos en dos.

Este Arco Iris es para colorear TODO EL ALUMNADO y escribir en las nubes las frases que queráis

FELICES PASCUAS

CONCERTO PACO NOGUEIRAS

Ola familias!!

Hoxe pola tarde Paco Nogueiras dará un concerto. Queredes asistir? Non tedes máis que entrar en https://bibliocenti.blogspot.com/  e ahí poderedes desfrutar con el desde as vosas casas e pasar un bo momento. 

Na páxina tamén atopareces enlaces directos para poder acceder ao xornal Papagaio e a distintos libros de Baía edicións, clasificados por idades.

Que os desfrutedes!!!

UN ANACO DO NOSO TRABALLO

Aquí tedes unha mostra dalgunha das moitas cousas que Roi, Elsa, Yasin, Melania, Eva, Paula, Óscar, Zoé, Enzo e Eimy están a facer estes días nas súas casas.

Estádelo facendo moi ben. 

Grazas por compartir estas imaxes con todos nós.

Alégranos moito veros!!

LIBROS E HISTORIAS DE AUDIO

Ola familias, nenos e nenas: dende aquí queremos anunciarvos que a compañía AMAZON, dende hoxe, vén de anular as suscricións de libros e historias audibles para nenos e estudantes. Todas as historias son gratuitas  para ordenador, tablet e teléfono móbil. Para acceder a elas só tendes que entrar neste enlace.

Grazas a todos e a todas pola labor que estades a facer nas vosas casas cos nenos e nenas nestes días de confinamento. Xuntos, familia e escola, facemos un gran equipo!

¡Quédate en tu casa!

¡Atención amantes de la alegría y la fiesta!

Desde el cole, os proponemos la siguiente actividad:

1) Escucha, aprende y baila la canción.

2) Que papá o mamá te graben cantando y bailando 10-20 segundos de la canción.

3)Envíalo al cole a través del whatsapp al número del cole!!!: 644765166 

FECHA LÍMITE PARA ENVIARLO: DOMINGO 29 DE MARZO

¡¡Que este confinamiento nos pille bailando y cantando!! Guay

 

Distribuir contido