Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

GRAZAS FAMILIAS!

O pasado venres fixemos o noso último mates en familia deste curso e con el pechamos os grupos interactivos dos venres coas familias.

Ao longo destes meses disfrutamos moitísimo das propostas e das visitas e participación das familias e non podemos dicir outra cousa que grazas! É un pracer para todas e todos poder compartir estes momentos xuntos e facer equipo.

 

GRACIÑAS!

TRANSICIÓN DE INFANTIL A PRIMARIA I

Estamos a coidar e seguir o programa organizado entre o ciclo de educación infantil e primaria para levar a cabo a transición da mesma.

Desenvolvemos unha serie de estratexias para asegurar o benestar e confianza do alumnado ante a nova etapa que vai chegar.

  • A excelente coordinación dos equipos de infantil e primaria.
  • Actividades de toma de contacto para visitar as aulas e coñecer os espazos,recreos,actividades compartidas.
  • Propostas metodolóxicas similares como espazos,proxectos,grupos interactivos.
  • Continuacióndas rutinas como asamblea.

 

O alumnado de primaria foi á aula de infantil a collelas e collelos da má para levar a súa aula, alí ensináronlles todos os espazos que teñen,como funcionan,cales son os libros que usan e ata as súas papeleiras de reciclaxe.

A continuación realizaron unha asamblea con preguntas e respostas sobre as súas inquedanzas como:

Tedes deberes?

Sabedes multiplicar?

Pódese xogar cos martelos?

E pintar na pizarra?

Pódese facr volteretas laterais?

Por qué hai tantas cousas na aula?

Faláronlles da súa mascota ÑemÑem de que poden levala a casa e xogar con ela,facer fotos e recoller por escrito o que fixeron eses días.

Acabaron con abrazos e gañas de volver a ter outra xuntanza e temos a seguridade de que así vai ser xa o veredes.

A primeira impresión foi moi boa!

 

 

AMBIENTE DE NATUREZA MAIO II

O alumnado dí cos retos Lego son as propostas máis esperadas,cando toca cambio entran no ambiente para saber o que hai novo en Lego.Pois ben esta quincena o reto era crear un labirinto con saída para unha canica con diferentes trampas e vaia se o conseguiron e con creces.

Propostas de ciencia e natureza:

-Plantar semente a escoller de entre tomate,pemento,sandía,melón e cilantro. A sandía causou furor e agora a esperar.

-Direccionalidade dos números imantados.

-Vida práctica:zume de laranxa,cortar,exprimir,colar,beber e limpar.

-Cadros de flores naturais fomentando o gusto pola estética  e a ornamentación.

-Xogo simbólico na Óptica Fene,etiqueta,vende,compra,sumar o total,devolver cartos,probar de entre tantas opcións que sempre é moi difícil,elixe,trato axeitado,etc..

-Bolsa sorpresa para meter a man e sensorialmente descubrir e xogar.

-Dibujar la flor"Ave del paraiso"y colorear.

-Ordear de xeito ascendente e descendente a cadena numérica co verme de seda de pedras.

-Globos cheos de fariña para xogar e pintar favorecendo o uso de ferramentas coma o funil.

 

 

XOGOS POPULARES NO PATIO

Este luns, con motivo do noso PDI "A maxia do xogo" sacamos ao patio algúns xogos populares como o arrastramortos, os bolos ou as carreiras de sacos. Non todos nos eran coñecidos, pero aprendemos a xogar e pasámolo xenial.

VERBAS: MAIO I

Durante parte do mes do maio no ambiente das verbas levamos a cabo distintas actividades. 

En canto a lectoescritura, traballamos coas letras lixa pasando os nosos dedos por enriba da letra ou completanto a letra con pezas de distintas cores. Fixemos unha ficha onde tíñamos que completar con selos de letras as palabras e por último, escribimos palabras que comezaran polas letras do noso nome. 

Na zona de grafomotricidade fixemos brochetas de formas partindo dunhas indicacións concretas. 

Na mesa de motricidade fina completamos os peixes con pompóns que tíñamos que coller coas pinzas e completamos palos de madeira con broches de cores.

Transvasamos fabas, abotonamos e desabotonamos, cambiamos os cueiros aos bebés, limpamos a aula e dobramos a roupa. 

 

 

Día da Familia (15 de maio)

Hoxe celebramos o Día da Familia. Para facelo, ademais de ter unhas convidadas excepcionais que nos leron un conto, levamos para a casa un agasallo único que estivemos elaborando ao longo destes días anteriores.

Este agasallo consistiu nunha pedra que trouxemos fai algunhas semans a cal pintamos, decoramos e sobre a que envolvemos un alambre converténdoa nun portafotos onde puxemos o retrto que cada neno e nena fixo da súa propia familia.

Con isto estivemos falando, pensando e reflexionando sobre a nosa familia. 

 

AMBIENTE DE NATUREZA E CIENCIA ABRIL- MAIO

Ao longo destas semanas estiveron presentes diferentes propostas para escoller según os seus intereses e necesidades do grupo vertical de 3,4 e 5 anos.Unha das que mais lles gusta é a de Lego na que sempre teñen un reto novo coma este de facer un medio de transporte con rodas,o taller e o areeiro, outra proposta foi contruir un hábitat para os animais salvaxes,escritura conlettering das miniaturas de animais do mar ou construir estradas e xogo simbólico con vehículos.

Por outra banda no contexto da primavera traballamos as tarxetas tres partes de flores,crebacabezas das partes da flor con lectura e coloreado das mesmas.

Sempre teñen xogos varios de conteos coma nesta ocasión pompóns,tarxetas con pedras e outras de contrucción de números dixitais,binomio de Montessori.

En vida práctica fixemos brochetas de cinco anacos de plátano,lavando as máns antes e despois e recollendo o espazo e os utensilios utilizados.

Macy a auxiliar de conversa inglesa desenvolve unha gran tarefa de convivencia na aula mantendo conversas en inglés en todo momento e interactuándo co alumnado para xogar nas diferentes propostas incluída a que ela propón coma nesta ocasión "Spring flowers"

 

 

VERBAS NA PRIMAVERA

Durante o mes de abril estivemos traballando a primavera. Para isto levamos a cabo distintas actividades que dividimos en varias semanas.

 

Na zona de lectoescritura levamos a cabo dúas actividades: A primeira semana fixemos dictados primaverais, onde escribíamos vocabulario de primavera e facíamos o seu debuxo.

A segunda parte tratou de completar as partes dunha flor (pistilo, pétalos, estames e sépalos) ademáis encontramos aquí o “Inventario de flores” para observar distintos tipos de flores, os seus nomes e as partes que as compoñen.

Tamén, encontramos nesta zona unha actividade para escribir vocabulario de primavera.

 

En canto a mesa de tranvases dedidámonos a crear a nosa “auga de primavera”. Experimentando e aprendendo a través das nosas sensacións.Para isto, primeiro recollimos flores no patio. Despois separábamos os pétalos e os botamos nun mortero. Neste os mezclábamos con auga ata integralos moi ben. O pasamos por un colador a un recipitiente que era un pulverizador de perfume para asi poder levar para a casa. Por último, poxémoslle un nome especial o noso propio perfume. Traballamos así transvases (fundamental para unha posterior lectoescritura), a motricidade, as sensacións (texturas, olor)...

 

Na zona de grafomotricidade tivemos tres propostas. Na primeira, a través dun espello observamos distintas formas e así as plasmamos no papel. Era moi importante fixarse ben, xa que o obxecto apoiado na mesa facía unha forma e, apoiado no espello outra totalmente distinta.

Por outro lado, creamos as nosas flores picando co punzón ata vaciar un círculo, despois puxémoslle papel de cor e ao seu redor e completamos a flor con distintos tipos de pétalos que neste caso eran distintos tipos de grafías e por último, partindo de triángulos, cadrados, círculos ou rectángulos creamos flores.

 

Na mesa de motricidade fina enfiamos botóns. Esta é unha actividade moi completa xa que favorece a motricidade fina, a coordinación óculo-manual e ademáis é moi diveritida.

A outra actividade, partindo dun organizador e unhas gomas seguimos a serie de cores que correspondían a cada tarxeta.

 

Na zona de vida práctica sempre temos actividades con materiais da vida cotiá que lles axuden a adquirir máis autonomía no seu día a día. Aquí tivemos a opción de peneirar a fariña. Era moi importante facelo moi despacio e con moito coidado. Encher a culler de fariña, botala no colador e por último, darlle pequenos golpes nun lateral para así quitarlle os grumos.

 

Enroscar e desenroscar botes de cristál de distintos tamaños. Cunha pipeta transvasamos auga duns tarros a outros.E por último, vertemos lentellas dun tarro a outro sen que nos caera ninguna e para isto, tíñamos que ter moito coidado e facelo sen ningunha presa e con moita precisión.

 

Na mesa sensorial encontrámonos con distintos materiais de primavera para crear distintos escenarios e fomentar así a nosa creatividade.

 

E coma sempre, limpamos os cristais, cociñamos, cambiamos os nosos bebés, descansamos na cama e pasamos ratos moi divertidos lendo libros na biblioteca.

 

 

Abril no ambiente de arte

Abril chegou ao ambiente de arte e con el damos a benvida á primavera!

Ao longo deste mes tivemos diferentes propostas, como o debuxo dun cadro floral semanal, a estampación con papel hixiénico de flores de diferentes cores, a creación libre no espazo de minimundos, a recuperación das flores que estaban conxeladas, a construcción de pontes, o debuxo de patróns, xogos como o arco da vella ou o de motricidade fina para crear debuxos coas bolas de cores e o espello en tres dimensións.

Ademais dixemos adeus á nosa consulta médica para recibir á tenda de xeados, que con este tempo xa apetecen!

 

 

AMBIENTE DE NATUREZA

O ambiente ofreceulles variadas actividades,debuxar unha planta"diablo rojo",o pentágono con resaques,figuras xeométricas con palillos e plastilina tendo seguindo as tarxetas informativas do número de palillos e número de vértices.Outras que tamén estiveron presentes foron a area,as simetrías con pezas imantadas,ciclo das plantas con tarxetas tres partes e construcción de animais con pedras de cores. A derradeira pero non menos importante foi a construcción de flores con determinado número de pétalos coa caixa de Kapla.Todas elas axúdanlles a formarse integralmente.

 

Distribuir contido