Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

ENTROIDO NO AMBIENTE DE VERBAS

Durante a tempada de entroido no ambiente de verbas fixemos distintas actividades relacionadas con estas datas.

Na mesa de transvases encontramos confeti para pasar duns vasos a outros, na mesa sensorial encontramos con tiras de cores para enroscar, xirar, pasar polo centro dos tubos, tapar, e crear distintos escenarios con só as tiras de cores e os tubos de cartón. 

Na mesa de grafomotricidade tivemos a creación de máscaras onde tiñan que debuxar distintas grafías, recortar, picar co punzón e por último decorar ao gusto de cada unha/un. 

Diante dun espello decoramos máscaras con distintos materiais: pedras, pompóns e diamantes. Así facíamos unha pero podíamos chegar ver no reflexo hasta tres iguais. 

Tamén adornamos máscaras seguindo a serie de cores con plumas e buscamos as parellas de distintas imaxes de máscaras de entroido.

Na mesa de lectoescritura escribimos vocabulario de entroido e tamén buscamos o nome do disfrace que tiña posto cada neno/a da imaxe. 

Lemos contos, fixemos de comer na cocina, coidamos os bebés, limpamos o espello, fixemos a cama e deixamos a clase moi moi limpa antes de irnos. 

 

 

ENTROIDO NO AMBIENTE DE ARTE (I)

Ao longo deste mes de febreiro non podiamos deixar escapar a oportunidade de confeccionar as nosas máscaras de Entroido, así que con un pouco de carton, ceras de cores, tesoiras, pegamento e MOITA IMAXINACIÓN creamos estas obras de arte. Velaquí volas deixamos!

AMBIENTES PLURILINGüES

Macy a auxiliar de conversa inglesa, fálalles e cóntalles a súa procedencia, país, bandeira,e os insectos e animais salvajes que predominan,... o alumnado escoita e interactúa en inglés xogando ao que ela lles propón.Nestas imaxes podedes ver como Macy lles indica co dedo donde está o seu estado de Tennessee e buscando españa para facerlles pensar se hai moita ou pouca distancia.

Na seguinte sesión presentoulles a simetría dun corazón coincidindo co día de San Valentín,é unha gran sorte contar con ela, ver como lles fala ,contesta e como lles invita a imitala repetindo o vocabulario.

AMBIENTE DE CIENCIA E NATUREZA FEBREIRO

AMBIENTE DE CIENCIA E NATUREZA

Estas semanas estiveron presentes as propostas do entroido coas propias do ambiente, elaboraron antefaces seguindo as pautas de número e cor,puzzles de peliqueiros de Ourense seguindo códigos numéricos e ulilizando pincel e cola en lugar de pegamento que xa é máis preciso  e máscaras con tachuelas na proposta de carpintería.

Retos de motricidade fina e control manual para agarrar cinco cores utilizando os dedos das mansou coser no bastidor de bordar o triángulo, círculo e cadrado.

Na mesa de vida práctica pelaron,cortaron en aros,picaron en anacos pequenos e cheiraron a cebola para despois facer unha empanada (poideron observar,manipular e descubrir o ácido que ten e como pican os ollos con ela,toda a aula cheiraba a cebola).

As pezas Lego propusieron facer unha ponte para cruzar o río Sena de París tal e como amosaba a imaxe da proposta(resultaron pontes flotantes, levadizas,con escadas,plataformas,etc...todas eleas moi creativas )

Na tenda de mascotas traballamos "gracia e cortesía" como bo día,ola,quero un canciño,canto custa?.moitas grazas, moi amable,ata outro día,.... e a suma dos prezos da compra,cobrar,devolver cartos e entregar ticket.O vocabulario de mascotas traballámolo co robot Doc, movendo o mesmo cara as ascotas nomeadas ou hacia o número solicitado.

Xogo para vestir a Malina e Malino pés fríos  con roupa pero coa condición que xuntas as dúas prendas sumen 10 e así familiarizarse cos amigos do 10.Igualmente coas pezas de Numicon ordeamos do 1 ao 10 e colocamos as cantidades para cada peza. 

 

 

A MALETA POLO PLANETA

Ao longo do mes de xaneiro acompañounos nas aulas de infantil a Maleta Viaxeira da Biblioteca do Centro de Documentación (CEIDA). A temática da nosa maleta eran os libros polo planeta cos cales puidemos desfrutar da súa lectura e tamén reflexionar sobre o mundo que temos ao noso arredor e como podemos coidalo.

Gustáronnos moitísimo, repetiremos!

AMBIENTE CIENCIA E NATUREZA XANEIRO II

O mes de xaneiro é o mes do frío por excelencia polo que experimentamos para crear neve,con pañais(que teñen dentro?),tesoiras e a auga.Sempre levamos a cabo algunha tarefa da vida práctica e esta quincena tocamos, lavamos,cortamos e cociñamos champiñóns e pementos manipulando o escurridor a vaixela de cerámica e o coitelo.Colocamos os pesos e ordeamos os números no taboleiro do 100,do 50, do 20 ou do 10 según a súa capacidade.Adoitaron o rol de compradora ou comprador de alimentos e sumaron prezos antes de pagar,rexistrando o custo en euros e familiarizándose así ca compra.Outras propostas que tiñamos foron as de construir edificios con policubos e observar o seu alzado,asociación de abalorios e os números correspondentes e equilibrio con pezas e canicas.Unha das derradeiras foi crear libros de peles de animais con plantillas para apaisar ceras.

O alumnado de 3,4 e 5 anos conviven no ambiente axudando, imitando e compartindo nos seus xogos.

 

INVERNO NO AMBIENTE DE VERBAS

O ambiente de verbas trasladouse a época invernal. 

Na mesa sensorial encontramos neve, animais polares, e obxectos das cores do inverno para poder crear mundos e deixar voar a nosa imaxinación. 

Na mesa de transvases traballamos con folerpas e pompóns para poder encher, colar, e recoller con diferentes culleres, pinzas...

Na zona de lectoescritura encontramos animais polares impresos, impreso xunto co seu nome e os animais. Buscamos o obxecto do animal e o poñíamos enriba da imaxe ou nome que correspondía. 

Tamén, con letras de madeira completamos as imaxes poñendo así a inicial que correspondía. Completamos palabras coas letras que despois repasamos co lapis de madeira, fixemos ditados invernais falando de animais ou cousas que tiveran que ver co inverno, por exemplo: manta, luvas, bufanda, patíns, oso polar, boneco de neve, etc.

Buscamos os gorros de cores partindo das sombras,  completamos folerpas con distintos materiais: palliñas, pompóns, pedras...

Na zona de grafomotricidade completamos as folerpas coas súas similitudes e pintamos folerpas partindo de distintos trazos. Na zona de motricidade fina escollíamos os botóns dos bonecos de neve coas pinzas e cosimos con agulla e fío folerpas.

E moitas actividades máis, coma limpar o espello, coidar os bebés, ser expertos cociñeiras e cociñeiros e sobre todo, rir e desfrutar do que estamos a facer. 

Ambiente de arte no mes de xaneiro

E XA PASOU O MES DE XANEIRO...!

Este mes no ambiente de arte metímonos de cheo no inverno: recreamos un lugar moi frío do noso planeta, fixemos copos de neve con limpipas, buscamos a metade do copo que faltaba, cosimos as nosas luvas, repetimos un patrón de pingas de choiva (moi común neste tempo aquí en Galicia), confeccionamos os nosos collages invernais, recorrimos laberintos e creamos pequenas obras con soportes transparentes.

Ademais coñecimos a Louise Bourgeois e a súa obra e nos inspiramos nunha das súas obras máis famosas para crear as nosas propias.

Finalmente este mes despedimos do noso espazo de xogo simbólico á lavandaría para dar paso á Centi-consulta.

A ver que trae consigo o mes de febreiro!

Xogamos á CABEZA MAGNÉTICA!

O primeiro trimestre, con motivo do PDI A Maxia do xogo, levamos para as casas unhas bolsas nas que podiamos atopar o xogo "A cabeza magnética". Neste xogo tiñamos que poñer ao redor da nosa cabeza a cinta co imán e intentar atrapar o maior número de chapas posibles!

Moitas grazas familias por xogar con nós!

 

Semana de...DADOS!

Esta semana comezamos coa dinámica "Semana de..." a cal consiste en dedicar unha semana a algo co que xogamos, clasificamos, falamos sobre iso. Neste caso tocoulle, como non podía ser doutro xeito, a un dos elementos principais en casi todos os xogos: O DADO.

Os dados que vimos foron de moitos tipos, formas, cores, tamaños e foi divertidísimo xogar con eles, ver os números, as imaxes, as cores, clasificalos dun millón de formas diferentes.

Pasámolo xenial e aprendimos moitas cousas. Cal será a seguinte semana de...?

 

 

 

 

Distribuir contido