Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

AGASALLANDO FLORES!

Dende o noso centro estamos impulsando un proxecto sobre sostenibilidade e medioambiente. 

O día de todos os santos é unha das datas que máis flores se venden. Todas estas flores ían ser descartadas, polo que decidimos darlle unha segunda vida, creando así, novos ramos ou centros florais para agasalllar a nosa comunidade eliminando os plásticos e utilizando papel.

É importante inculcar a compra de flores de proximidade e tempada que aseguran unha elecciçon sostible e axuda a conectarnos coa natureza e a propia beleza das flores.

Unha vez feitos os ramos nas titorías repartímolos entre as aulas e profes do cole e tamén nos achegamos ao centro de día Xuntanza para levarlles un.

Grazas á Floristería Ángela Garrote de Pontedeume e ao Centro de día Xuntanza por acollernos.

AMBIENTE NATUREZA OUTUBRO II

Nesta quincena as propostas preparadas estaban repartidas entre samaín e outono,as cales tiveron moita aceptación.

 -Búsqueda de monstros entre a terra da tumba con pulgar e índice e colocar con pinzas nas súas camas da 1 ao 25.

-Desgranar as mazorcas de millo,separando follato,barbas,carozo,raíña e grans(moita moricidade fina )

-Reto de construcción Lego ,facer unha casa embruxada(creatividade en acción)

-Debullar as fabas, escollendo as boas(motricidade fina)

-Debuxar a porta e ventás do castelo encantado(trazo do cadrado e rectángulo)

-Areeiro e taller de carpintería con cravado de puntas na cabaza cun martelo(vida práctica e xogo simbólico)

-Ollos de mostro para insertar nas órbitas oculares(coordinación oculo-manual)

-Mural de outono,recortando e pegando follas(uso axeitado das tesoiras e pegamento)

-Crebacabezas dun castelo encantado fluorescente(capacidade de concentración e memoria con tolerancia á frustración)

-Conteo do 1 ao 14 para chegar á folla.

-Estampado de 10 burbullas na apócema da bruxa(conteo ata o número 10)

 

 

 

SAMAÍN EN VERBAS

COMEZOU A SEMANA TERRORÍFICA NO AMBIENTE DE VERBAS. Chegou o SAMAÍN!

 

Encontramos na mesa sensorial moitas teas de arañas que recubrian moitísimos obxectos de samaín (arañas, ollos, cabazas, ratas, cucarachas...) cunhas pinzas intentamos rescatar todo isto das teas de araña que non os deixaban escapar.

Na mesa de lectoescritura escribimos palabras terroríficas nos mesmos e con letras de madeira, repasamos vocabulario e incluso fixemos un tarro de medos, escribindo aquí todas as cousas que nos dan medo.

Fixemos o percorrido das letras lixa con figuras temáticas (arañas, pantasmas, bruxas, etc) é unha forma moi divertida de achegarnos as grafías das letras.

Na mesa de transvases o pasamos xenial! Encontrámonos arroz cheo de ollos e arañas para poder crear así pócimas moi divertidas.

Na biblioteca desfrutamos de contos de todo tipo, tanto coa temática de samaín como os de sempre, estando así ao gusto de todos/as.

Decoramos cabazas de grafomotricidade, recortamos ata chegar as cabazas, bruxas, etc. 

Na mesa de motricidade fina cosimos as patas dunhas arañas. Tamén cunhas tarxetas de series de distintas cabazas para representar así coas pinzas e decoramos con chinchetas a cabaza e o morcego. 

Limpamos a aula sempre antes de marchar, sobre todo recoller o arroz que caía o chan. Dobramos, limpamos cristais e descansamos na cama. Pero sobre todo, traballamos en equipo.

 

 

 

AMBIENTE ARTE

Comezamos o novo curso no ambiente de arte con unha serie de propostas moi abertas coa finalidade de que as nenas e nenos que xa coñecen os ambientes retomen o seu funcionamento e as nenas e nenos de nova incorporación coñezan os novos espazos e actividades.

Estas son algunhas das propostas: 

- Mesa de experimentación con elementos de outono.

- Zona de costura: tear e cosido en cartolina.

- Recanto de lectura

- Pisla, foi unha proposta moi demandada a pesar da súa complexidade!

- Debuxo libre con cores de outono.

- Camiños con pedras de cores.

- Xogos de construcción co arcoiris Montessori.

- Mesa de luz con pezas de diferentes cores para ver a través delas.

- Imaxes realizadas na impresora 3D para observar elementos de outono a través da luz.

- Figura humana con materiais naturais.

- Mesa de experimentación con garavanzos.

E...moi importante...recollemos...e interaccionamos as tres aulas; aprendendo así cousas fundamentais para convivir.

Pero cantos tipos de mazás diferentes!

Aproveitando a "Semana de..." que estamos levando a cabo ao redor das mazás, hoxe fomos de visita ao supermercado Eroski para coñecer algunhas das variedades de mazás que existen.

Eva explicounos que podiamos atopar mazás como a Golden, a Reineta, a Smith, a Giga, a Royal Gala ou a mazá Roja e que cada unha delas tiña un sabor diferente, máis doce ou ácido. 

De volta ao cole levamos unha bolsiña de mazás con todas as variedades. Teremos que facer unha degustación!

 

Día das escritoras

O luns celebramos o Día das Escritoras para reivindicar a labor literaria das mulleres cun texto da escritora Andrea Maceiras.

Intentamos representalo e, sobre todo, pasalo ben.

Aquí vos deixamos o texto seleccionado e tamén algunhas imaxes da nosa representación.

 

AMBIENTE DE NATUREZA:OUTUBRO I

ALGUNHAS PROPOSTAS PARA ESTA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO CO AMBIENTE:empezamos os ambientes con circulación e agrupación  libre coñecéndo así o seu funcionamento e dinámica.

Observación dun peixe con lupa(xarreta)na vida práctica así como a utilización do sentido da vista,do tacto e olfato sobre todo.Xurdiron diferentes conversas de cómo cheiraba.

Marcación ou dictado de números para chamar por teléfono(asociar e traballar a linguaxe)xogo simbólico ademáis de comunicación e área matemática.

Taller de carpintería:cravar puntas,subir e baixar material coa polea e uso do torno sempre con normas de seguridade coma o casco e guantes.Esta sección sempre é de xogo real.

Construcción de pistas de coches,castelos medievais,crebacabezas e habitación de Pepa Pig.

Ensartado e conteo con pezas para facer colares e diademas ou coroas según a súa imaxinación.

Unir os puntos do 1 ao 20 para despois pintar unha cabaza.

Seguir as instruccións para facer uns Transformes,algo moi práctico coma seguir unhas instrucións para poder construir e armar alguna peza,xoguete,moble etc.

Facer zume-mosto coas máns das uvas das videiras das nosas familias.Houbo quen fixo zume e despois invitaba aos demáis a tomalo.

Moito aprendizaxe detrás de cada unha das propostas que moitas veces nin imaxinamos.

 

BENVIDOS/AS A VERBAS

 

Comezamos un novo curso no ambiente de verbas. Levamos a cabo unha morea de actividades para iniciarnos neste ambiente, que os nenos e nenas que comezaron 

este ano o curso coñeza un novo espazo cheo de diversas posibilidades, que exploren e sobre todo que gocen das novas experiencias. Todas as actividades 

que presentamos teñen un fin pero, neste caso, deixámonos levar por propostas novas que xurdían co fin de que as nenas e nenos exploraran sen negacións ate coñecer, 

pouco a pouco, as normas deste ambiente. 

Na zona de motricidade fina cosimos cogomelos e follas, cunha agulla de punta redonda e fio de cores fixemos as nosas propias creacióms, traballando a motricidade fina, a coordinación óculo-manual e traballamos a espera e perseverancia cando tíñamos que coser e descoser se era necesario.

Na zona de grafomotricidade traballamos a través da natureza, fixemos grafismos partindo de elementos naturais (tronco, madeira, cuncha, piña...)

Na zona de vida práctica comezamos trasladando cunha culler en forma de pinza castanas dun bol a outro. Tamizamos fariña mezclada con lentellas para intentar separar así as lentellas da fariña. E por último, desgranamos o millo.

Na zona de lectoescritura, traballamos vocabulario de outono repasando as letras e rodeando a imaxe correspondente a cada palabra. Formamos palabras co pop-it e 

completamos o taboleiro do alfabeto con letras de madeira.

Na mesa de transvases xogamos e gozamos con boliñas de xel e na mesa sensorial construimos unha cidade deixando voar a nosa imaxinación.

Limpamos o espello, recollimos os armario dos bebés, cociñamos e sobre todo, comimos todos xuntos/as, cambiamos os cueiros os bebés, os peinamos e vestimos pero non só os bebés, se non tamén a nos mesmos/as.

Descansamos na cama, xa que sabemos que é importante traballar pero tamén descansar sempre que se necesita. 

 

Aquí tedes un video con pequenos momentos.

 

DETECTIVES DE NÚMEROS

O pasado mércores, as nenas e os nenos de catro e cinco anos foron detectives en busca de números. 

Polo patio estaban agochados distintos números que tiñan que atopar. Unha vez atopados os tiñan que escribir na cuadrícula ata completala. Para iso, tiñan 10 minutos. E de súpeto...3,2,1 ¡lápices en alto! rematou a conta atrás.

É unha actividade emocionante e motivadora, na que traballamos así matemáticas ao aire libre. O exterior é un espazo diferente e estimulante. Exploran os números dende o seu contexto cotidiano e sobre todo, traballan en equipo, onde todas e todos colaboran para atopar os números ocultos pero o máis importante é que aprenden mentres xogan.

 

VOS DAMOS A BENVIDA

Xa estamos de volta coas pilas cargadas do verán, esperamos que vós tamén.

Gustaríanos convocarvos para unha reunión o xoves día 7 de setembro ás 11:00 para contarvos un pouco como vai a ser este novo curso no que nos embarcamos.

Contamos con vós!

Equipo de educación infantil.

Distribuir contido