Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

DESFRUTAMOS DO NOSO PATIO

Chega a primavera e con ela o desfrute do noso patio: as merendas ao aire libre, os xogos no campo e o estreno da parede musical e da goma de equilibrios.

Que ben o pasamos!

 

Cultivamos o noso horto

Estas últimas semanas estivemos traballando no noso horto para comezar a plantar as primeiras colleitas: cebolas e leitugas. As primeiras parece que xa empezan a asomar así que iremos vendo como medran.

Todo isto queremos enmarcalo no noso proxecto Pegadas Verdes, relacionado co coidado do medio ambiente e a sostenibilidade. É por isto que non só nos dispuxemos a plantar, como unha forma de obter alimentos saudables de xeito sostible e tendo en conta as características da nosa zona xeográfica e as necesidades das plantas, senón que tamén aproveitamos obxectos reciclados, como as botellas de plástico, para crear unhas condicións óptimas para o crecemento das plantas e como medida de protección ante algunhas visitas, como as dos caracois, sen facerlles ningún dano.

 

Queremos agradecer infinitamente ás familias por axudarnos e colaborar con nós.

 

Veremos cal é o resultado, vos iremos contando!

 

AMBIENTE DE NATUREZA:ABRIL I

Para estas semanas as propostas seguiron traballando moito a motricidade fina,a creatividade,o conteo e a investigación sen esquecer a vida práctica que é moi importante.Adoitan responsabilidades nas diferentes actividades e adquiren conceptos matemáticos .

-Vida práctica :pelar e lavar patacas

-Trasvase de líquidos.

-Motricidade fina con argollas encaixables.

-Taller de arranxos:abrimos un ordenador e investigamos.

-Taller de carpintería co torno e a polea.

-Reto Lego:creamos un portalapis.

-Plantilla de orientación espacial para trasladar. 

-Conteo de números e asociación coa grafía . 

-Caixa de perlas Montessori. 

-Popit para buscar e marcar números dados. 

-Pezas imantadas:creamos un castelo

-Mesa de area:tubos de goma. 

-Manipulación  con precisión do pincel e  a cola para crear cadros de boliñas de papel pinocho. 

-Minimundo:obras con excavadoras, camións,pedriñas e area. 

A AUGA É UN TESOURO

Con motivo do PDI sobre sostenibilidade e coidado do medio ambiente, en Educación Infantil estivemos a traballar un aspecto moi importante: o aforro e coidado da auga, un ben que cada vez é máis escaso.

Por este motivo, decidimos levar a cabo un decálogo de boas prácticas sobre o que fomos aprendendo ao longo deste trimestre sobre o consumo responsable de auga co fin de garantir que o seu uso sexa adecuado e evitar a seca, un problema que medra día a día.

21-M Día da Poesía. O arco da vella

Aquí vos deixamos o poema O arco da vella, de Manuel María, recitado por nós.

A ver se o atopades polos comercios do noso pobo!

AMBIENTE DE NATUREZA:MARZO

Neste derradeiro mes do segundo trimestre as propostas estiveron moi relacionadas co día da poesía,de aí que unha proposta fose "O arco da vella"con diferentes instrumentos,contos,xogos,etc.onde experimentaron e potenciaron a súa creatividade.

  • Construcción de casas,castelos,torres,etc..
  • Areeiro con coadores e diferentes envases para poder observar a textura da area(exfoliaciónda pel) e a capacidade para encher ditos envases (volumen que ocupa).
  • Vida práctica:cortar kiwis da localidade aproveitando que están en tempada para preparar un bol ou  brocheta e saborear a súa acidez .
  • Cortar o repolo en anacos para facer un caldiño.
  • Trasvase de líquidos utilizando a esponxa e de sólidos como os garavanzos.
  • Motricidade fina con pinza para colocar canicas no poppit.
  • Resaques metálicos Montessori:trazo da figura xeométrica" o cadrado"para decorar a modo de arco da vella.
  • Reto Lego:construir un campo de fútbol como o de Fene " Os Pinares"
  • Taller de construcción familiarizándose co torno,polea e martelo.
  • Plantar sementes de herba en macetas recicladas de cartóns de papel hixiénico.
  • Trazo de números na pizarra,chegando ata o 120.

 O máis interesante e ver como comparten intereses nenas e nenos de diferentes idades,cada vez fan máis cohesión e respétanse uns aos outros.

AMBIENTE DE ARTE ENTROIDO E DÍA DE ROSALÍA

No mes de febreiro o ambiente de arte encheuse de entroido, deseño de decoracións para a festa e actividades relacionadas coa celebración do día de Rosalía.

Distribuir contido