Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

AMBIENTE ARTE, INVERNO

A principios de trimestre o ambienente de arte contou con diversas actividades referidas ao inverno, seguimos tamén con activiades de motricidade fina, experimentación, motricidade grosa, creatividade...

 

 

AMBIENTE DE NATUREZA:FEBREIRO

Propostas do ambiente de natureza nesta segunda metade do mes de febreiro:

-Mesmo coma se fose a Horta de Balbina,xogaron a plantar e recoller,cebolas,tomate,champiñóns,cenorias e patacas levando control da cantidade de cada un.

-Como é tempada de laranxa nada mellor que desfrutar dun: zume coas laranxas que trouxeron as familias,familiarizándose coas tarefas da cociña ,fregar e recoller.

 -Enroscaron e desenroscaron parafusos e sacaron pompóns por un buratiño ben pequeno traballando así a  motricidade fina a fondo.

-Areiro con pegadas de coches e pezas do arco da vella a modo de pontes.

-Tinguiron arroz de cor morada e fixeron trasvases.

-Taller de carpintería,candados e cravaron cravos co martelo.

-Trazos cos números de lixa e o crebacabezas,atopar o numero 7 entre moitos outros  intrusos e xogar co cubo de Rubik para trasladalas cores ao plano.

-Experimento coas cores:mesturaron a cor azul e a vermella .

-Reto Lego:construiron muíños de vento e comprobaron que se movían as aspas cun secador de pelo,foi toda unha aventura facelos coma Don Quixote atoparse ante un deles.Esta proposta estivo acompañada polo cómic " Don Quijote de la Mancha" para familiarizarse con él.

AMBIENTE DE NATUREZA:ENTROIDO

Este entroido entre confeti e serpentina buscaban os números agochados do 1 ao 20,escollían o seu disfrace preferido e contaban as letras,traballaban a pinza para colocar os diamantes no taboleiro de madeira(eso sí ningún tan grande coma o de Inglaterra),experimentaron para conseguir a cor laranxa seguindo instruccións sinxelas,tamizaban fariña coma nunha batalla do"Fareleiro"de Xinzo de Limia,e non podía faltar a tenda de disfraces para probar e probar e caracterizarse.Un entroido de moita troula!

 

ENTROIDO SOSTIBLE II. MINIMIZANDO O IMPACTO DA NOSA PEGADA MEDIOAMBIENTAL

Mirade que orixinais quedaron estas máscaras na exposición, reutizando plástico que sí ou sí ía acabar na basura.

Apostamos por unha actividade 2 en 1, contribuíndo en implantar a semente de non xenerar máis residuos e por outra banda creando oportunidades para desenvolver a creatividade.

ENTROIDO SOSTIBLE I: MASCARITA COÑÉCESME?

Como celebramos o noso entroido?

Pois coidando o medio ambiente, reciclando, creando con tea branca de sabas mascariñas detrás das que agocharnos e divertíndonos moito, como non podía ser doutro xeito, como no entroido de antaño.

VERBAS NO INVERNO

Durante o mes de xaneiro no ambiente de verbas estivemos traballando o inverno. Para iso, levamos a cabo diferentes acrtividades relacionadas con esta estación do ano.

Na zona de lectoescritura traballamos o vocabulario de inverno e coas tarxetas tres partes de montessori sobre os animais do ártico. Na mesa de tranvases traballamos con fabas e copos de neve para tranvasar dun lado para outro. Na mesa sensorial deixamos voar a nosa imaxinación con pezas soltas. Por outro lado, na zona de motricidade fina fixemos copos de neve con limpapipas e despois puxemos en cada copo unha morea de abalorios e na mesa de grafomotricidade creamos pequenos collages con cores de inverno e distintos grafismos. Tamén encontramos o reto de crear cos tangran un oso polar e recrear copos de neve con bastoncillos de algodón. 

Ademáis de xogar cos bonecos, coa cociniña, limpeza de cristais, disfrutar de contos sobre esta estación e descansar na nosa cama. 

 

 

 

AMBIENTE DE NATUREZA:XANEIRO

As propostas deste mes de xaneiro xiraron entorno ao inverno.A tenda do inverno"O Raposo" foi sen dúbida a proposta estrela,nela podían preparar un café,chocolate quente,encender a estufa,poñer a bolsa de auga para quencer os pés,alugar unha tabla de sowboard,esquís,botas de neve,gorros,bufandas,paraugas,etc..

Outras tarefas que tamén estiveron presentes foron crear un copo de neve con pedras facendo unha serie,pintar dez copos en cada rama da árbore,copo de neve de collage segundo o número escrito,xogo simbólico con neve artificial,conteo coas perlas Montessori,encher un peto de porquiño con moedas,facer o experimento da cor verde seguindo as instruccións,uso dun gotero para empapar algodóns e educación sexual co parto dunha boneca.

O que non pode faltar é o reto de Lego "podes construir un coche?" e algo de vida práctica como moer café cun molinillo que aínda que foi tarea dificil,foi moi exitosa.

 

AMBIENTE DE ARTE

No mes de decembro adicamos boa parte das actividades do ambiente ao Nadal. Realizamos actividades creativas e decorativas como a decoración dunha árbore de Nadal con adornos típicos, a reprodución dun poboado de Nadal, así como as actividades plásticas de pintado de bolas nunha árbore empregando pompóns ou dunha bola seguindo uns patróns dados. Pero tamén tivemos outras actividades como a creación de pulseiras onde se traballa a motricidade fina, a construción con ladrillos onde traballamos a motricidade grosa, a reprodución de imaxes seguindo un modelo traballando na mesma a lateralidade e as dimensións ademais do trasvase de lentellas onde coordinación óculo-manual é fundamental.

https://youtu.be/6njpIQSYHEY

AMBIENTE ARTE NOVEMBRO

No mes de novembro tivemos no ambiente de arte unha gran variedade de actividades manipulativas destinadas a favorecer tanto a creatividade como a motricidade.

 

Actividades tan variadas como a utilización da paleta de cores para clasificar e comparar as gamas de cores, a escoita de música, o tangram, o recanto de costura onde coseron con agulla e no tear,, a experimentación con bolas de xel, a clasificación de cores e a reprodución de modelos, o pissla, a manipulación de área cinética combinada con elementos naturais, a mesa de luz e, no cabalete, fixeron reproducións da obra “El racimo de uvas” de Maruja Mallo.

 

https://youtu.be/jJ6eUryXxO8

AMBIENTE ARTE OUTUBRO

No mes de outubro celebramos o samaín e continuamos con outras actividades que permanecen no noso ambiente sobre o outono. En concreto as referidas ao samaín foron as adicadas a realizar arañas e pantasmas, mandalas e labirintos. Pero tamén desfrutaron moito dos desfraces, as construcións, os animais ou a mesa de luz e a mesa de experimentacións onde fixeron trasvases de fabas negras.

 

https://youtu.be/ZwH6aT4b8v4

Distribuir contido