Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Infantil

INTALACIÓN ARTÍSTICA: " A OLA NA CABEZA "

En Centieiras, Fene atópase a instalación artística “A OLA NA CABEZA"

queríamos enmarcar unha mensaxe ambiental de coidado e limpeza de

mares e océanos, recreando unha ola, un mar ou un océano e tratamos de visibilizar e facer unha chamada de atención para sensibilizar

sobre o tremendo problema que é o PLÁSTICO nos mares e océanos.

Despois de traballar este trimestre esta temática e de afondar nun

marabilloso conto “la Ola “ de Suzy Lee e descubrir o pracer que sentimos cando atopamos

unha praia limpa e que o única co que nos agasalla son cunchas,caracolas e estrelas de mar.

Creamos unha estrutura chea de luz e cor moi fermosa durante o día o suficientemente

grande para imaxinarnos dentro do mar e que nos está envolvendo unha ola xigante como

unha serpe.

Participou toda a comunidade educativa, partindo das nenas e nenos enchendo as botellas

plásticas de auga tinguida cunha cunca como medida (cazoleando, xogando, compartindo

momentos e didacticamente adestrando as súas habilidadesmanuais, fortalecendo os

músculos de mans e dedos, favorecendo a coordinación óculo-manual,así como adestrar a

pinza ,as mestras acompañando todo o proceso ,nais e pais instalando as botellas na rede

metálica e ata o conserxe que foi quen colocou a estrutura. Todas as botellas de plástico eran

de desfeito e pasaron a ser recicladas polas familias do alumnado de educación infantil, en

total de 320 botellíns pequenos de auga.

A idea detrás desta instalación é a beleza que podemos crear a partir de material de refugallo

en equipo,XUNTAS E XUNTOS POR UNHA ONDA LIMPA  reflexionando así sobre o futuro dos mares.

 

POR UN MAR LIMPO

Durante este primeiro trimestre traballamos sobre o PDI "Sostenibilidade e medioambiente" centrándonos na importancia do coidado dos mares. 

Comezamos facendo unha visita a praia de San Valentin para a recollida de lixo e ver cos nosos propios ollos como estaban de sucias as praias e mares para concienciarnos. Tamén visitamos a lonxa de Curuxeiras de Ferrol para observar e darlle a importancia que ten o coidado do mar e o gran traballo que se leva a cabo para pescar de forma respetuosa co medio ambiente.

Despois dentro das aulas traballamos cunha maleta de contos relacionadas co PDI, fixemos xogos de atención, buscar obxectos apropiados que podemos encontrar no mar, separar material de refugallo e material natural que encontramos nos nosos mares, comparamos e contrastamos distintas imaxes para poder así reflexionar sobre isto, creamos minimundos dun fondo do mar limpo e sen lixo, recreamos unha peixería onde os nenos e nenas eran os encargados dela, traballamos vocabulario de especies do mar que non están contaminadas, observamos a importancia das cunhas, que non se poden levar para casa por se as necesita outro animal para vivir como o cangrexo ermitaño, clasificamos lixo, construimos olas de tantos metros como indica a proposta, tamén as ordenamos ascendente e descendente así como enumeramos estas olas do 1 ao 10 e traballamos por equipos cooperativos a través da creación dunha ola con gomets, e moitas actividades máis que podedes ver neste video:

 

 

 

 

 

AMBIENTE DE NATUREZA:NADAL

Rematado o trimestre coa mellor das festas para o todo o alumnado O NADAL.Ao longo deste mes de decembro fomos facendo propostas variadas que axudan ás nenas e nenos a vivir e descubrir o significado real destas datas que é a LEDICIA E FELICIDADE,aquí no cole non falta nada diso.Non fixo falta complicarnos coas propostas para sorprender as súas mentes porque como veredes os detalles máis pequenos en ocasións son os que máis lles gustan.LIBERDADE DE SER E FACER!

 

NADAL EN VERBAS

Rematamos o trimestre traballando o nadal no ambiente de verbas. 

Fixemos unha morea de actividades relacionadas coa etapa que estamos a vivir; O NADAL!

Encontramos na mesa sensorial un pequeno mundo de nadal para poder deixar voar a nosa imaxinación. 

Creamos as barbas de papa noel con grafismos. Árbores de nadal con tapóns, completar renos con chimchetas, debuxos con gomas de cores, 

postais de nadal, cosimos renos e bonecos de xenxibre con botóns para decorar as nosas árbores da casa, na mesa de tranvases buscamos distintos obxectos,

limpamos cristais, coidamos os bonecos, xogamos na cociniña, na zona de lectoescritura buscamos palabras secretas e completamos nomes de nadal.

Pero sobre todo, disfrutamos moito destas datas xa que son moi especiais.

 

 

AMBIENTE DE NATUREZA:I DECEMBRO

Para esta quincena algunhas das propostas ofertadas foron relacionadas coa temática do PDI,a contaminación do mar entre outras:

-Xogo simbólico:A peixería para compra e venta de peixe usando os cartos para pagar,traballar vocabulario e frases de cortesía.

-Vida práctica:Preparar unha parva saudable como é un bol de mazá cortada co coitelo,co que leva consigo que é lavado do bol coitelo e garfo ao rematar para deixar a proposta limpa.

-Taller de arranxos:Investigar como é por dentro un teléfono e un coche teledirixido.

-Taller de carpintería:Atar e desatar cordas

-Areeiro:clasificación de elementos contaminantes e non contaminantes dunha praia.

_As ondas do mar:ordear de xeito  ascendente e descendente as botellas para facer unha onda.

-Zona relax con libros sobre o mar,olas,atlas.

-Construccións varias de pezas imantadas.

-Observación e manipulación de elementos do mar :cunchas,caracolas,estrelas de mar,area,etc utilizando as pinzas e a lupa como ferramentas.

-Policubos:construir ondas de distintos metros de altura.

-Pez Arco Iris:promovendo o uso da pinza polgar e índice colocar todas as escamas ao peixe con pedras preciosas e escribir o nome con letras móviles(vocabulario de cores e do conto).

-Plastelina:Facer unha estrela de mar seguindo as instruccións con ferramentas como o garfo e o palillo para marcar os pés.

-Mini libro de números:Escribir os números do 1 ao 12

-Conteo e asociación de números cos cabaliños de mar.

-Reto de Lego:Podes crear un barco que navegue polo río.

Empezan a cohesionar os tres niveis de idades que era un dos obxectivos deste curso,falan,interacctúan,comparten e se ensinan uns aos outros.

 

OUTONO EN VERBAS

 

Durante este mes estivemos traballando en verbas sobre o outono. 

Levamos a cabo distintas actividades variadas e sobre todo con distintos niveis para que cada neno/a decida traballar partindo dos seus intereses. Algunhas das propostas foron:

Minimundo de outono con follas, madeiras, piñas, cogomelos...cos cores típicos do outono para deixar voar a súa imaxinación.

Xogamos o vexo vexo. Con fotos de paixaxes otoñais buscamos coa lupa todo o que podíamos escribir. 

Fixemos un crucigrama con vocabulario de outono.

Fixemos gnomos de grafomotricidade. Con follas, gomets e cartulina coma se foran gorros.

Creamos figuras seguindo un modelo cos legos. 

Limpamos o espello, xogamos a cociniña, descansamos na cama e coidamos os bebés.

Traballamos a vida práctica colando lentellas, transvasando dunhas cuncas a outras e cambiamos castanas de cesto cunha culler.

Seguimos series otoñais.

Na mesa de tranvases colamos garbanzos, os collemos coas pinzas, as puxemos en vasos, etc

Troquelamos follas.

Disfrutamos mooooito na biblioteca.

Moitas destas actividades coma os tranvases ou vida práctica podedes ver no video as lentellas polo chan, ou que esas actividades que algúns fan pasando de tarro en tarro outr@s o fan coas mans e aínda que logo quede todo tirado e que teñamos que recoller é moi importante que cada un/unha experimente libremente e que pouco a pouco o vaian facendo por imitación deixando liberdade de tempos. Estas actividades son moi importante xa que traballamos non só a motricidade fina, senón tamén a concentración, a atención, a coordinación e a súa autoestima. Ademáis, traballando con materiais ou obxectos da súa vida diaria. 

E logo queda todo recollido, limpamos, pasamos a vasoira, dobramos a roupa... somos un bo equipo.

 

Visitamos a lonxa de Ferrol

Este martes fomos de visita á lonxa da Cofraría de Pescadpres de Ferrol, no porto de Curuxeiras. Alí aprendemos un montón de cousas relacionadas co medio mariño e coa pesca: algunhas formas de pesca, o funcionamento da lonxa, a limpeza das capturas, a súa conservación e coñecimos especies que non viramos antes como as esponxas de mar.

Pasámolo moi ben e aprendemos un pouco máis para continuar no camiño da concienciación sobre a importancia da limpeza e a conservación dos nosos mares e da vida que habita neles.

Moitas grazas ao persoal da Cofraría por acollernos e contarnos tantas cousas.

AMBIENTE NATUREZA:NOVEMBRO I

As propostas desta quincena foron :

-Barra de equilibrio para trasladar dúas pelotas en línea recta.

-Contrucción da alfombra de foam  para o chan  da escaleira numérica do 1 ata o 10.

-Areeiro e manipulación da peneira  e embude para cribar as follas do pino e as pinas.

-Xogo de transvasar e cazolear  separando os diferentes elementos como o arroz,pipas de cabaza e palillos.

-Taboleiro do 100 con pedras preciosas e a pinza para traballar a motricidade fina e a secuencia numérica.

-Taller de carpintería e o de arranxos facendo uso e familiarizándose coa chave de parafusos.

-Trazo de números coas tarxetas de borrado en seco tipo Velleda.

-Utilizar o resaque do círculo utilizando o botón e así traballar a motricidade fina para unha creación artística.

-Trazo dos números na bandexa sensorial de área.

-Policubos para reproducir un lobo seguindo a plantilla.

-Montaxe dun transformer  seguindo as instruccións como tarea de vida práctica.

-E como non o reto de Lego para construir unha ponte para cruzar o río e unha lancha para pasar por debaixo.

-Mesa sensorial  de tufftray con pezas soltas para pegar e despegar coa man ou a pinza.

-Dossier de outono para asociar e pegar as tarxetas  fixándose nas letras ou palabras.

-Abrir ou  pechar coas chaves os  cadeados e as súas fechaduras.

-Xogo heurístico na mesa sensorial  para descubrir de forma libre e segura obxectos cotiás (corchos,palillos,caixas e tarros)para desenvolver as súas habilidades perceptivas,motoras e cognitivas.

 

UN PEZ EN EL CORAZÓN

No día de hoxe as nenas e nenos de infantil fomos de excursión ao auditorio de Narón, onde puidemos desfrutar da obra de teatro "Un pez en el corazón" da man da compañia Mar-Mar Teatro.

Resultounos unha obra moi fermosa que nos deixou abraiadas e abraiados todo o tempo e na que se falaba dos medos, que todas e todos temos algún pero que pouco a pouco aprendemos a vivir con eles sen que nos dominen.

 

 

 

AGASALLANDO FLORES!

Dende o noso centro estamos impulsando un proxecto sobre sostenibilidade e medioambiente. 

O día de todos os santos é unha das datas que máis flores se venden. Todas estas flores ían ser descartadas, polo que decidimos darlle unha segunda vida, creando así, novos ramos ou centros florais para agasalllar a nosa comunidade eliminando os plásticos e utilizando papel.

É importante inculcar a compra de flores de proximidade e tempada que aseguran unha elecciçon sostible e axuda a conectarnos coa natureza e a propia beleza das flores.

Unha vez feitos os ramos nas titorías repartímolos entre as aulas e profes do cole e tamén nos achegamos ao centro de día Xuntanza para levarlles un.

Grazas á Floristería Ángela Garrote de Pontedeume e ao Centro de día Xuntanza por acollernos.

Distribuir contido