Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

VISITA DO ESCRITOR IAGO LÓPEZ

O xoves visitou o noso cole o escritor Iago López autor do libro "O cociñeiro Martiño".Algúns dos nosos compañeiros axudáronlle  a Martiño a buscar os ingredientes para  facer un biscoito. Foi moi divertido.Pásamolo xenial!!!


ESPAGUETIS

Hoxe cociñamos espaguetis.Canto comimos e que riquísimos estaban!!!



RÓMULO E REMO

Como "estamos" en Italia hoxe escenificamos a fundación de Roma e a lenda de Rómulo e Remo.Son artistaz@s!!!

 


HORTO EN PRIMAVERA

Xa podemos comezar co horto.O peche está listo!!!



1,2,3.....RELAX

É tan importante a actividade física como a capacidade de relaxarse.Case,case durmindo no ximnasio...


É, NON É.

Xogando coas formas,os tamaños e as cores coa Profe Chus.

OUTRO RECREO

Máis actividades,máis motivación,máis proxectos.Pintando no recreo as vallas do horto.



ITALIA

Saímos cara a Italia en tren.Foi moi difícil buscar o número de asento pero por fin o conseguimos.A viaxe foi estupenda  e ao final o tren quedou limpísimo.Nos revisaron e picaron os billetes e nos cuñaron o pasaporte...Au revoire París.Ciao Italia!!!


XVI MARATÓN FENE LENDO MULLERES

O día 8 o alumnado de quinto participamos no XVI Maratón Fene lendo Mulleres que organiza a Concellaría de Benestar e Igualdade.Escollimos para este día un texto sobre Antía Cal do libro "Mulleres e educación en Galiza.Vidas de mestras" de Aurora Marco e un conto de Nunila López Salamero e Miriam Cameros ao que lle engadimos unha pequena banda sonora.Despois da lectura, convidáronnos a unha merenda saudable e aproveitama para visitar a exposición da artista fenesa Carme Romero "Meigas, sabias e mulleres boas". Eso sí, antes de marchar, na biblioteca do noso centro fixemos o noso Centieiras lendo Mulleres para todos os nosos compañeiros e compañeiras. Foi unha xornada completa!!!

 
Aquí podedes ver os vídeos das nosas lecturas
 

TEATRO: "A MESTRA TOMASA..."

Este martes a compañía Duende Sico representou na biblioteca do noso cole a obra "A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo".Divertímonos moito!!.

CANTOS ANOS PASARON!!!

Dende que se fixeron estas fotografías pasou moitísimo tempo ....aínda que estas indianas e estes indianos parécense bastante a nós...ou non?



indianos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

COMPARSA AS E OS INDIANOS DE CENTIEIRAS

Cancións,bailes,traxes,complementos e un barco para vir de Cuba.Unha magnífica comparsa pero tan agotadora que ata houbo sesta.

ENTROIDO 2017: OS INDIANOS DE CENTI

Un ano máis os alumnos e alumnas celebran o Entroido e enchen as rúas de Fene coas súas cancións.

Distribuir contido