Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

CONTOS DA INDIA

As nosas e nosos artistas representaron un conto tradicional da India sobre a lúa,o sol,o vento...e sobre todo compartir.Aí están ataviad@s coas súas mellores galas para o banquete...


FESTA HOLI E MANDALA

Na India non podía faltar a festa HOLI da primavera e as mandalas.Vivan as cores!!!

VISITA Ó MUSEO DO HUMOR

Hoxe as nenas e nenos de sexto fomos pasar unha mañá ao Museo do Humor de Fene. Alí ,ademáis de coñecer  un pouco máis as obras de Xaquín Marín ,divertímomos moito còs espellos e coas caricaturas, e tamén aproveitamos para ver a exposición de Carme Romero e as fantásticas esculturas das nenas e nenos de Educación Infantil.

CIRCUITO DE SOPRO

No Programa de Estimulación da Linguaxe Oral fixemos un circuito de sopro: sopramos pipas, fixemos carreiras de pompóns,inflamos guantes...Pasámolo xenial!!!


COAS MANS

estamos na India e comemos do mesmo prato e coas mans. Que rico!!!

MESA MATEMÁTICA

Hoxe estrenamos a mesa matemática agasallo de Ángeles Coira.Canto aprendimos e sobre todo...Canto nos gusta!!!. GRAZAS

PINTAR E CREAR

Crema de afeitar e témpera= ARTE


RECREOS

Todo é útil para xogar desde o barro,os paus ou os "bonecos falantes" fritos con bolsas de chuches...


A FESTA DE ELMER

Somos iguais somos diferentes como Elmer e o resto de elefantiñas e elefantiños.

Segunda charla de nutrición!

Hoxe fixemos o segundo taller sobre Nutrición! Nel coñecemos a Carolina Proteína, Rosarito Quesito e Marieta Galleta!!

Despois fixemos unha clasificación dos alimentos que nos iban dando e pegámolos nunha roda! Quedou chulísimo! E, para rematar, fixemos un prato equilibrado empregando catálogos do súper!

 

De CORES coas tías de Enma

Hoxe Elisa e Marta,as tías da nosa Enma,viñeron contar un conto.O mellor foi o final cando o rosa e o azul mestúranse...e estar con elas, claro.Ademáis nos deixaron o conto e asinaron no libro de visita.GRAZAS E VOLVEDE PRONTO!!!


EXPERIENCIAS E MÁIS EXPERIENCIAS...CON MILLO

Aprendendo a medir,trasvasar,amorear,separar....e sobre todo remexer.


CHEGARON OS VERMES!!!

A ver!!! A ver!!! A ver!!!


Distribuir contido