Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

CENTI

O noso CENTI segue a crecer baixo a supervisión de LEANDRO.As nosas e os nosos artistiñas traballan moito...tanto que hai quen ten que sentarse!!!

 

Derradeira charla de Nutrición! O almorzo!

Aprendemos como facer un almorzo equilibrado con cereais, verdura, froita, proteínas e lácteos!

Fixemos de chefs e creamos cooperativamente un almorzo, coloreamos e puxémoslle un nome simpático! De exemplos tíñamos ao "Buhíto marchoso" e a "Tostada flamenca crocanti".

Para rematar xogamos ao "Comepalabra" e comprobamos que recordábamos moitas das cousas aprendidas en anteriores charlas!

AGASALLOS

A ANPA fixo un agasallo inmellorable a todas as nenas e nenos polo Día do Libro:un conto. Eso sí...Había que recollelo despois de baixar polo esbaradoiro!!! 

LENDO

Celebramos o Día do Libro contando e lendo.Maiores e pequen@s gozando cós libros.

DÍA DO LIBRO 2017: EU SON......

Para conmemorar o Día do Libro as alumnas e alumnos convertíronse en escritoras e escritores  famosos e leron anacos das súas obras.

 
 

MÚSICA,SEMPRE MÚSICA

Xilófonos,metalófonos e artistas de tres anos.


NA RADIO

Tocou programa de Radio Fene aos nenos e nenas de catro anos e de sexto de primaria.Polo camiño as e os maiores fixéronse cargo d@s pequerrech@s.Pasámolo moi ben!!!



MESA DE EXPERIENCIAS

Agora con arroz...como estamos na China...

DRAGÓN

Ayyyyyyy que nervios!!! Apareceu de visita un auténtico e verdadeiro dragón da China!!! Grazas ás nenas e nenos de 6º de E.P



ARROZ DA CHINA

Hoxe ARROZ da China.Riquísimo.E tarta de queixo china feita por Fina...aínda máis rico.

"PLOFESOLAS DA CHINA"

Ni hao. As profes tamén viaxaná China!!!!. Xié xié por prestarnos os atuendos ás profes Isa e Raquel e á mamá de Daniela!!!

 
E á mamá de Emma  polas fotos!!!!

MARCADORES DA BIBLIOTECAa

Precioso o polbiño que garda os marcadores feito pola Profe Teresa!!!

    

CENTI

O noso Centi vai tomando forma grazas ao traballo das nenas e nenos de pintura e, por suposto, a LEANDRO LAMAS.


LEITUGAS

Xa están prantadas as leitugas.Costounos un pouco pero fixémolo por fin.Agora a agardar por unha rica ensalada!!!

MAIOS DE CENTIEIRAS

Preparando os Maios e as Letras Galegas con música,bailes e moito máis...

   

Distribuir contido