Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

DÍA DA PAZ 2017

Hoxe foi un día moi especial.Fixemos taaaaantas cousas e todas divertidas. Primeiro decoramos o vestíbulo con murais e globos terráqueos e na bibliotea escoitamos un manifesto pola Paz. A continuación os nenos e nenas de E.Infantil, primeiro e segundo de E.P participamos en xogos cooperativos e os nenos e nenas de terceiro a sexto fixemos unha divertida xincana. Para rematar, estivemos en diferentes prazas de Fene lendo e repartindo poemas sobre a Paz e como peche cantamos todos "O mundo é grande" e "Folerpas de Paz" no concello.Pasámolo xenial!!!

Neste vídeo podemos escoitar algúns dos poemas recitados polos alumnos e alumnas nalgunhas prazas de Fene.

O MUNDO É GRANDE

Os alumnos e alumnas de 6º de E.P para celebrar o Día da Paz bailaron ao ritmo de Mamá Cabra.

"CONSTRUÍNDO PONTES": A CHEGADA DA ELECTRICIDADE.

Hoxe viñeron ao cole un grupo de avós do programa de recuperación da memoria histórica de Fene "Construíndo pontes".Contáronlle ao alumnado de quinto e sexto como era a vida antes de que chegara tanto a luz como os aparellos eléctricos e como foi cambiando co paso do tempo.A charla foi moi interesante e temos que darlle as grazas aos avós por visitarnos e por explicarnos tan ben e con tanto cariño retallos da súa infancia.

        

PORTAS NADAL

O alumnado de quinto e sexto coa axuda de Mackenzie, a auxiliar de conversa, e Carmen dedicáronse nas últimas semanas na sesión de Arts a decorar as portas de todas as titorías do cole… Mirade o resultado!

It was a fantastic job!

Congratulations!

   

     

     

     

 

Mirade o duro que traballamos… ata de xeonllos pintamos, pero mereceu a pena.

Vai ser verdade aquilo de que TODO ESFORZO TEN A SÚA RECOMPENSA.

   

     

     

     

         

 

ATELIER DE CONVIVENCIA

Inaugurado oficialmente o Atelier de Convivencia do Cole. María foi a encargada en nome das familias de cortar a cinta de acceso.

Pensamos facer botes da calma, caixas do agradecemento,mostros matemáticos,casiñas dos números....pero ante todo un Telón vermello para o noso escenario.Todo co compromiso de potenciar unha convivencia harmónica e un ensino igualitario e de calidade.

               

O APALPADOR

Hoxe tivemos unha visita moi especial :o Apalpador. Os nenos e nenas de 6º de E.I e 1º e 3º de E.P poideron coñecelo en persoa. Que sorte!!!!

CAIXIÑAS DE OUTONO

A concelleira Mary Carmen Martínez inaugurou o día 5 de decembro a exposición de E.I de Centieiras "Caixiñas de Outono" na entrada do Concello de Fene.Alí podedes ver traballos feitos con caixas de zapatos e todo tipo de elementos do Outono:follas,millo,ourizos,noces....Previamente coñecimos tamén os froitos,as froitas,as cores,o clima.....e contamos,clasificamos,seriamos,cantamos,nomeamos......Buf!!!.Canto aprendimos co Outono!!!. Ä inauguración nos acompañaron as familias e ademáis estivemos na radio cantando e recitando sobre o Outono. Tamén saímos na prensa con foto e todo. Polo camiño atopamos algún dos carteis anunciadores.Todo un acontecemento artístico en fene.(Non deixedes de vela, está ata o día 20 de decembro)

PASEO POLA RIBEIRA

      O venres, día 2 de decembro, visitamos as instalacións da Confraría de Barallobre. Explicáronnos o funcionamento da depuradora de mariscos e tamén nos falaron das distintas formas de vida que aparecen na nosa ría: desde as algas e as esponxas,  ata os polbos ou os arroaces... Despois, fomos dar un paseo pola ribeira e, como era marea baixa, vimos como mariscaban (entre os mariscadores estaban algunhas das nosas nais) e  deixáronnos coller con elas berberechos e ameixas,  e ostras tamén, para axudarlles. Fomos a pé todas as nenas e os nenos de quinto  e sexto, e pasámolo xenial!

 

                              

                                

                                

                                

"APERTAS QUE VOAN"

 O venres 25 de novembro para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia conta a Muller toda a comunidade educativa participou na gravación dun lipdub .Aquí tedes o resultado.

Agradecerlle a Bea e a Xesús a súa colaboración na gravación e montaxe do vídeo.

DECORAMOS PASOS DE PEÓNS

O luns 28 de novembro todo o colexio foi decorar os pasos de peóns con diferentes slogans contra a violencia de xénero

.

AS ESCOLAS DE INDIANOS

Hoxe explicáronnos quen eran os indianos e a continuación vimos unha película sobre os indianos de Fene.Foi moi interesante.         

        

DÍA DO PEÓN E MAGOSTO

O 11 de novembro no colexio fixemos realidade o dito "Polo San Martiño peóns ó camiño".Fixemos os nosos peóns e mostramos as nosas habilidades á hora de bailalos. Como remate da festa degustamos unhas gorentosas castañas.Pasámolo xenial!!.

Distribuir contido