Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
TICS
DÍA MAGOSTO-PEÓN 2022
Saúdos familias.
Momentos de xuntanza e folklore no CEIP P. de Centieiras;
Gaitas e tambores,
castañas e peóns,
QUE VIVA A TRADICIÓN!!!
SAMAÍN 2022
Que mañá tan terrorífica tivemos o pasado venres!!! Chegou o Samaín 2022 e no CEIP PLurilingüe de Centieiras pasámolo de medo. Para deixar constancia da xornada, compartimos un resumo do vivido en forma de vídeo fotográfico.
ADVERTENCIA: o vídeo contén imaxes que pode ferir sensibilidades 
Novas parvas saudables
En Centieiras estamos traballando para mellorar a saúde de todo o alumnado polo que dende esta mesma semana comezamos un novo programa para favorecer o movemento dos nosos nenos e nenas denominado MILLA ESCOLAR, a par fixemos tamén unha revisión das PARVAS SUDABLES que temos no cole e queremos facer novas recomendacións para que a alimentación do alumnado sexa o máis equilibrada posible. Dende o luns 25 de xaneiro, recomendamos seguir este menú:
20 de novembro, día da infancia
Para conmemorar o día da infancia, en cada unha das aulas do cole traballamos os dereitos dos nenos e das nenas. Este vídeo é o resultado da nosa posta en escea dos que nos pareceron mais salientables e representativos. Esperamos que a disfrutedes tanto coma nós!
Seleccionados no proxecto de innovación educativa Educación Dixital E-Dixgal
O CEIP Plurilingüe de Centieiras foi seleccionado para participar no proxecto de innovación educativa Educación Dixital E-Dixgal, o cal dotará de ordenadores portátiles ao alumnado de 5ºde EP no curso 2020/21 e 5º e 6ºEP no curso 2021/2022. Desta forma, os libros de texto de quinto o ano que vén serán en formato dixital, favorecendo a implantación de metodoloxías innovadoras.
Máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/31281
