Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Un ano máis Centieiras encheouse de cabazas.

EXPOSICIÓN FROITOS DE OUTONO

No hall do colexio temos unha exposición de froitos do outono.Aquí podese ver unha pequena mostra.

I CONCURSO CONTOS DE MEDO

Os contos elexidos foron:

1º E.P

2º E.P

3º E.P

4º E.P

>5º E.P

 

6º E.P

RECURSOS SAMAÍN

Aquí tedes unha recopilación de xogos para traballar o Samaín

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Está exposta a listaxe definitiva de admitidos e excluídos, no procedemento do fondo solidario de libros de texto,  no taboleiro do centro.

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

Os nenos e as nenas de sexto de Educación Primaria remataron a escolarización neste Centro , e posaron así de contentos para a foto.
Isto non é unha despedida. ..é un ATA SEMPRE..con todo o noso corazón! !
Lembrade que aquí teredes sempre a vosa segunda casa, e que as mestras e os mestres estarán encantados de recibirvos cos brazos abertos!!


                                  SORTE NA NOVA ANDADURA!!

 

           

           JOSÉ                                   HUGO                               CAROLINA

          

      DAVID CALVO                      DAVID CASTRO                     MARCOS

          

           LUCÍA                                  IRENE                                ÓSCAR

          

           NAHUEL                              SABELA                                ADRIÁN

                                                              CELIA

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6º EP

O alumnado de 6º de EP acompañados da titora, Carmen e da mestra de PT, Maribel, saimos de excursión a Cabárceno.

A primeira parada foi en Oviedo onde visitamos o Teatro Campoamor, o Concello, e vimos as estatuas da Regenta, de Woody Allen e Mafalda…

Xa pola tarde visitamos Covadonga, e pola noite chegamos ao noso destino: o albergue de Suances, en Cantabria.

Alí fixemos moitas actividades como tirolina, rocódromo, tiro con arco, paint ball láser, piscina…..e o máis chachi...as veladas de xogos nocturnos e A DISCOTECA.

Pasamos un día coñecendo o Parque Natural de Cabárceno onde nos ensinaron moitas cousas sobre os animais que alí había.

Tamén demos una volta por Santander, pola Magdalena.

E percorremos Santillana del Mar a través dunha gymkana de xogos para coñecer o pobo.

A experiencia foi moi boa e quedamos encantados coas monitoras Nuria, Ruth, Patri e, como non, con Mónica a conductora que nos levou todo o camiño coa música que nós eleximos: chunda,chunda…

Nunca esqueceremos esta viaxe!

Foi magnifica!

O alumnado de 6ª de EP. Curso 15/16

       

 

         

ALDEA NOVA

O martes, día 3, o CEIP Centieiras estivo pechado!!! Desde as nove e media da mañá e ata as catro e media da tarde foi imposible entrar nel.

Marcial pechou todo porque fomos de excursión pasa pasar un día especial de convivencia en Aldea Nova, en Narón. E pasámolo fenomenal!

 

                                 

                                  

Montamos a cabalo, coidamos animais, fixemos rutas, aprendemos a cociñar pan, traballamos na horta... Todo o día de actividade en actividade por un lugar precioso, nun día de sol con temperatura agradable. Ata puidemos ver as estrelas, nun obradoiro de astronomía que fixemos alí.

Ademais estivemos comendo todos xuntos, e iso só xa é moi divertido!

Seguro que para o ano volveremos!!!!! 

                                 

                                

Alimentación saudable

O mércores 25 veu visitarnos Ana, de Eroski, para darnos unha charla sobre hábitos de vida saudables. Despois da charla, que tivo lugar na biblioteca do noso cole, fomos visitar o supermercado de Eroski que está frente do aparcamento do Centro. Alí visitamos as distintas seccións: frescos, panadaría, pescadaría, carnizaría...onde o encargado de cada apartado explicounos en que consistía o seu traballo e os útiles que empregaba. Cando vimos todas as instalacións ofrecéronnos unha merenda a base de froita exquisita. Ata probamos froitas como pomelo, mango... As imaxes falan por si soas.

Saímos cun agasallo que nos encantou : unha mochila chea de produtos saudables para coidar a nosa alimentación. Agradecemos a Eroski a súa colaboración.

Moitas grazas!!

 

  
     
 
   

 

            

OS MAIOS

      Desde hai tantos anos xa que case non nos acordamos, o colexio Centieiras tén o mes de maio como unha das súas etapas educativas centrais. No maio festexamos as nosas letras, os nosos autores, a nosa cultura, con actividades centradas, este ano, na figura do poeta da Terra Cha, en Manuel María, un home do pobo, un labrego da palabra e un defensor de Galicia. Pero maio é, ademais, unha escusa para recuperar as nosas tradicións. Os maios. Os maios márcannos un tempo primaveral que perde os medos ao inverno e dá un carácter festeiro e amable aos días que anticipan o verán.

Este curso, grazas ao esforzo e colaboración de toda a comunidade educativa, demos un paso máis na recuperación da nosa historia, e saímos cos maios fóra da nosa escola. Saímos, cantamos, bailamos e pedimos, porque nos maios sempre se pide. Os nosos maiolos non son castañas secas nin noces, son, foron, mellor dito, premios moito maiores: o calor dos aplausos e o cariño dos sorrisos que recibimos e que nos deron xa forzas para pensar en seguir de maios o ano que vén.

Grazas a todos: a alumnas, alumnos, a pais, a nais, a profesorado, á policía local, ás concelleiras Mariela e Amalia e ao noso alcalde Juventino! Grazas a toda a comunidade por axudarnos a desfrutar dunha festa de maios preciosa!!! 

           

       

 

 

DÍA DO LIBRO

Celebramos o día do libro no colexio e fixémolo con libros. Con libros, con contos, con historias, con sorrisos e con ollos atentos.

Axudounos a primavera, saíu o sol e floreceu abril no noso colexio deixándonos encher o patios con grupos de nenos lendo contos desde as doce da mañá e durante máis dunha media hora que se nos fixo curta.

 

Alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria, en grupos de dous ou tres membros léronlles contos aos máis pequenos, desde educación infantil de tres anos, ata os de segundo. E por todas partes a mesma atención, a mesma ilusión nuns ollos abertos que bebían palabras de aventuras apaixoantes.

CONTAMOS

CLAUSURA DO PROGRAMA CONTAMOS

    Coa historia dunha quenlla desdentada amiga dun polbo ferreiro, rematou o Programa Contamos do curso 2015-2016. Para pechalo tivemos a fortuna de desfrutar da compaña de Indalacio Cabana Leira,  Xefe Territorial da Consellería de Educación e, polo que puidemos ver, experto narrador de contos marinos. Con él, os nenos e as nenas de infantil de Centieiras navegaron polos mares preocupados pola azarosa vida da quenlla. Ao final, e xa coa grande axuda recibida do amigo polbo, o alumnado respirou con alivio e puido recompensar ao narrador cun fermoso cadro dun merlo afanado en comer cereixas, da autoría da clase de sexto de infantil, que, ademais, recitou un poema para todos os asistentes. E foron moitos, pois estaban con nós no colexio o noso alcalde, Juventino Trigo; os concelleiros, Amalia García e César Daniel Castro; as directivas da ANPA Ángeles Coira e María Permuy;  e a inspectora do centro, Elena Urtiaga (que foi quen no seu día inaugurou o Programa Contamos). O escollido, como non!, foi  o poema que inspirou o cadro,  O Merlo, de Manuel María, autor co que este ano celebramos as Letras Galegas.

Grazas a todos! Grazas a todas as persoas que, desde fóra da nosa escola, viñeron á nosa biblioteca e son así xa membros da nosa comunidade! Grazas ao traballo do equipo de profesorado de educación infantil  e, sobre todo, moitas grazas aos nenos e nenas de Centieiras por permitirnos gozar dunhas xornadas literarias e pictóricas tan espléndidas!

 

O Equipo de Biblioteca do CEIP Centieiras

 

 

           

           

UNHA CASIÑA BRANCA

   A semana pasada os alumnos e alumnas de 4º e 5º comezámola falando do lixo; vaia tema para comezar a semana, pensaredes. Pois si, lemos a historia dunha casiña branca e a maioría pensamos que era de ciencia ficción, uns nenos que vivían nun vertedoiro infindo, onde non quedaba nada da nosa realidade, nin coches, nin árbores, nin casas... E aí vén Marcos Calveiro a descubrirnos a crúa realidade: no mundo hai moitos nenos e familias que viven nos e dos vertedoiros, e todo iso cunhas imaxes de distintos lugares do mundo.

    Falamos dos tres R, reducir, reutilizar e reciclar, como única solución de non chegar a crear ese mundo no que estaríamos todos condenados a vivir. De todas maneiras, como dicía el, Unha casiña branca é un “libro filete”, así que aínda cabe a posibilidade de que nós atopemos solucións para non chegar a eses extremos. 

 

                                

                                

MATRÍCULA 2016/2017

   Todos os solicitantes de praza para o curso escolar 2016/2017, tanto en Educación Infantil como en Educación Primaria, contan xa coa matrícula activa no CEIP Centieiras.

Distribuir contido