Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
4º Educación primaria
PROBANDO FROITOS....DIFERENTES
PROBANDO FROITAS DIFERENTES
Hoxe foi unha mañá repleta de sorpresas...tivemos unha merenda especial; pero non especial por ser de chuches, nin gominolas eh, que en Centieiras seguimos mantendo as nosas "merendas saudables"...pero hoxe probamos brochetas que a profe Bego e a profe Carmen, fixeron para nós con... KIWI, CAQUIS E TOMATE DE ÁRBORE .....
RECOMÉNDOVOS BUSCAR INFORMACIÓN SOBRE OS TOMATES DE ÁRBORE....IDES FLIPAR, SOBRE TODO COAS NOSAS CARAS PROBANDO .
E agora un pequeno agasallo da profe Bego.....GRAZAS!!!! VAIA CARAS.....
Axudando a Papá Noel
Recuperando o Nadal en Robótica.
Hoxe na clase de robótica fixemos unha "escape room" para axudar a Papá Noel a recuperar o Nadal.
Resultou moi, moi divertido, e ao final acadamos todos os retos para ...RECUPERAR O NADAL!!
Mirade as fotos e...seguro que queredes facer a "escape room". Para as familias que queiraades probar,
tedes o enlace na aula virtual do cole en 4º de EP, no apartado de Digicraft.
Unha visita de honra!!
Laura a mamá de Martín , que é arquitecta, veu darnos unha charla na que aprendeunos cousas
moi interesantes.
Buscamos o norte co compás, e vimos como a agulla magnética sempre sinala ese punto.
Sabedes cal é o lugar onde primeiro sae o Sol da Península Ibérica?...Pois é a Illa de Menorca.
E onde se pon o Sol máis tarde? Aquí en Galicia, en Vigo.
Convertémonos no Planeta Terra e no Sol, e así vimos cando se producía o movemento de
traslación, de rotación....e os días, as noites e as estacións nos distintos lugares do Planeta.
Descubrimos tamén que Plutón xira ao revés. Temos que averiguar a razón….
Se alguén o sabe pregamos se poña en contacto con nós.
Laura, como é arquitecta, falounos da importancia de que cando se constrúe unha casa, estea
ben orientada cara ao sol, pero os que as encargan sempre son os que elixen a orientación, e ás
veces, se equivocan.
Xogamos cunha morea de clases de mapas: de pobos, de estradas, turísticos, rueiros, roteiros.
E tamén aprendeunos que os mapas represéntanse en escalas. Se o mapa pon 1:25.000 quere
dicir que 1 cm no mapa equivale a 25.000 cm na realidade.
O primeiro que debemos facer cando temos un mapa nas mans é situar o norte para poder
orientarnos ben.
É sinxelo, pois os mapas sempre teñen unhs “rosa dos ventos”, ou lendas, que nos axudan a
entender o contido.
Fascinante!!
Explicounos tamén que na biblioteca de Neda hai un mapa moi moi grande que podemos visitar.
E por último, xogamos a ser a “Rosa dos Ventos”… cada un de nós era un punto cardinal, e un era
o xefe, que estaba no centro (mirando ao norte, claro), e mandaba rotar a orientación.
Isto encantounos, e a profe Carmen prometeunos facer o xogo máis veces… esperemos que
saiba facelo tan ben coma Laura.
Grazas pola túa axuda mamá de Martín.
No seguinte enlace veredes o vídeo do ben que o pasamos!!
https://drive.google.com/file/d/1i7CsZy2RpiR4acVaJR7H-iWBvrdKuVEC/view?usp=share_link
E aquí tedes as fotos.....
" CONTOS DE BOCA"
Empezamos o proxecto "Contos de boca" coa visita de Paula, a mamá de Tristán, que é unha magnífica contacontos.
Primeiro contounos un en inglés, "The Elf on the shelf", aínda que o traduciu ao galego. Nel cóntanos a lenda dos elfos...sabedes que todas e todos temos agochados algún elfo ao noso carón que informa a Papá Noel do noso comportamento? Andade con coidado, pois poden andar por calquera lugar.
Se queredes ler máis...convidámosvos a lelo.
E chegou o conto " O lobo en calzóns"...moi, moi interesante, que nos axuda a recapacitar sobre se as cousas son ou non tan malas como as pintan. Merece a pena !! A lectura reavivará sensacións fantásticas!!
Rematamos cunha sorpresa da nosa primeira contacontos; Paula agasallounos cunha piruleta para cada un, que nos deu o seu fillo, o noso compañeiro Tristán.
GRAZAS PAULA!!!
Xogando con Marta.
Hoxe tivemos unha visita especial: Marta, a mamá de Irene.
Contounos que ,cando era pequena, xogaba cos seus pais e os seus irmáns ao parchís, á oca, á baralla española. Á baralla xogaba ao "cinquillo", e descubrimos que algúns coñecían o xogo, pero con outro nome: "escaleira". Tamén aprendeunos a xogar ao "burro", e démonos conta de que había dúas formas de xogar.
Despois xogou con nós ao "Virus", un xogo de mesa moi divertido...a verdade é que foi xenial.
Grazas Marta !! Esperamos que volvas axiña!
UNHA CLASE DE CIENCIAS DA NATUREZA MOI ESPECIAL!!!



Taller primeiros auxilios
O 25 de marzo veu á nosa aula Isa, nai de Daniela Garrote e enfermeira, realizar un taller de primeiros auxilios.
Aprendimos un montón de cousas e púxemolas en práctica. Gustounos moito. O tempo fíxosenos moi curto, cando nos demos conta era xa hora de marchar para a casa. Grazas Isa por ensinarnos tantas cousas!!!
CÓNTOCHE DO MEU AVÓ E DA MIÑA AVOA?
Esta é a primeira entrega da actividade "Cóntoche do meu avó e da miña avoa?".
Agardamos que vos guste, o alumnado cando mirou este vídeo emocionouse, esperamos qus vós vos emocionedes tamén.
XOGOS DE MESA INTERACTIVOS COAS FAMILIAS
O martes 21 de decembro, último día lectivo do primeiro trimestre, realizamos xogos de mesa interactivos coas familias.
Pasámolo moi ben, o tempo sóubonos a pouco; de feito a todos os grupos da clase quedounos un xogo por xogar, queriamos máis tempo!!!
Dende aquí dámoslles as grazas a Jes, o papá de Marcos; a Isa, a mamá de Daniela Garrote; a Lidia, a mamá de Irea; a Silvia, a mamá de Ariadna; e a Libanca, a tía de Xantal... non nos esquecemos de Rebeca, a mamá de Darío que, como na nosa aula xa tiñamos cuberto o cupo de pais e nas voluntarios e voluntarias, estivo a xogar co alumnado de 3ºEP.
Grazas por dedicarnos o seu tempo para vir xogar con nós.
Gustarianos que volveran á nosa aula con xogos ou calquera outra actividade.
Unha forte aperta para todos e todas e moitos bicos.
BOAS FESTAS E VENTUROSO ANO 2022!!!
