Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

4º Educación primaria

XOGOS DE MESA INTERACTIVOS COAS FAMILIAS

O martes 21 de decembro, último día lectivo do primeiro trimestre, realizamos xogos de mesa interactivos coas familias. 

Pasámolo moi ben, o tempo sóubonos a pouco; de feito a todos os grupos da clase quedounos un xogo por xogar, queriamos máis tempo!!!

Dende aquí dámoslles as grazas a Jes, o papá de Marcos; a Isa, a mamá de Daniela Garrote; a Lidia, a mamá de Irea; a Silvia, a mamá de Ariadna; e a Libanca, a tía de Xantal... non nos esquecemos de Rebeca, a mamá de Darío que, como na nosa aula xa tiñamos cuberto o cupo de pais e nas voluntarios e voluntarias, estivo a xogar co alumnado de 3ºEP.

Grazas por dedicarnos o seu tempo para vir xogar con nós.

Gustarianos que volveran á nosa aula con xogos ou calquera outra actividade.

Unha forte aperta para todos e todas e moitos bicos.

BOAS FESTAS E VENTUROSO ANO 2022!!!

                              

 

                               

 

              

 

CONTOS DE BOCA en 4ºEP: A LENDA DOS "FOGOS FATUOS"

Hoxe, venres 10 de decembro, visitounos Juana, nai de Carmela, de 4º, e de Roque, de 1º .

 Foi unha experiencia moi bonita, apagamos as luces e baixamos as persianas, contounos o que son os "fogos fatuos", ela coñeceunos a través dunha lenda que lle contou a súa tía avoa cando era nena.

Descubrimos como os nomean en diferentes libros e como aparecen en películas. Nunca escoitaramos falar deles, e, ás veces, aparecen nos libros e nas películas para amosar bos camiños, e outras veces para guiar polos malos roteiros.

Tróuxonos libros nos que se fala destes fogos, e visionamos anacos de películas nos que os puidemos ver. E, para rematar, queimou un pouco de alcohol e chegamos a ver coma o lume ía cambiando de cor, o mesmo que sucede con estes fogos!

Agora, cada vez que leamos un libro ou miremos unha película estaremos pendientes de se aparecen ou non.

Gazas Juana por contarnos esa lenda, gustounos moitísimo, agardamos que poidas volver e nos contes outra lenda tan fermosa coma esta!!!

                  

                   

TALLER STEAMM Fundación Abanca DJ MAKEY MAKEY

 Dentro do PDI "Pingas de ciencia", o xoves 9 de decembro participamos nun taller STEAMM da Fundación Abanca no cole.

Faláronnos do que era a sinergia, e chegamos a descubrir que a música pode ser representar con cores diferentes.

Programamos tamén, mellor dito iniciámonos na programación, con SCRATCH: escollemos a personaxe e o fondo e, unindo pezas, fumos quen de conseguir que a personaxe de cada grupo poidera moverse e emitira sons.

E convertémonos en "rapeiros e rapeiras"!!! Uns grupos crearon as súas letras dende cero, outros completando poesías de Manuel María. Gravamos os nosos raps no ordenador e, usando unha placa conectada ao ordenador e a unha mesa de DJ de cartolina, as personaxes bailaban ao son das nosas cancións.

Gustounos moito a actividade, algúns de nós estamos pensando en pedirlle aos Reis ou Papa Noel unha placa para poder crear nas nosas casas.

                                   

                                                                              

DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 de novembro conmemoramos o día internacional contra a violencia de xénero.

Ao longo da semana afondamos moito neste tema, queremos dende o noso ser nenos e nenas, loitar contra esa lacra que está acabando con moitas mulleres, deixando a moitos nenos e nenas orfos...

Limos e traballamos o conto "Artur e Clementina" e confeccionamos unhas chapas.

       

Tamén traballamos a canción "Fala por min" da FANPA de Ferrolterra, e pegamos violetas con palabras alusivas ao traballado nunhas violetas grandes.

   

 

   

 

 

 

 

MES DA CIENCIA

O mes de novembro é o mes da ciencia e o PDI do cole deste ano é "Pingas de Ciencia".

Nós, o alumnado de 4ºEP, estamos a investigar e estudar as plantas, e para rematar este mes xogamos cos robots nun panel no que, a través de diferentes pistas, tiñamos que adiviñar a palabra e relacionala coa foto correspondente. Darlle as ordes ao robot para que el atopara a solución.

Queredes vernos?

          

                                                        

CRÓNICAS DE CENTIEIRAS

Hoxe, 25 de novembro, visitamos os estudos de radio Fene. Despis dun ano sen poder ir gravar alí pola pandemia... hoxe foi o estreno dunha nova andaina.

Estabamos nerviosos, cando nos vimos sentados cos micrófonos diante a voz entrecortábasenos.

Fíxonos moita ilusión poder ir, mantendo os coidados e a hixiene que a Covid precisa.

Fumos subindo e entrando nos estudos en pequenos grupos, o restos dos compañeiros e compañeiras agardaban fóra a que lles tocase a súa quenda.       

Foi unha experiencia moi bonita.            

DÍA DA INFANCIA

Vimos de celebrar o día da infancia no que conmemoramos o aniversario da declaración dos dereitos dos nenos.

O día 19 de novembro, na clase miramos un vídeo no que se contaba como se creou esta declaración e cales son os dereitos que temos todos os nenos e as nenas do mundo, dereitos que hai protexer e coidar independientemente do lugar no que vivan, da raza, do sexo, das crenzas...

A nós tocounos afondar no dereito que fala de que "todos os nenos e todas as nenas teñen dereito a unha vida digna". Falamos moito na clase sobre iso, e, despois, dentro dunha nube escribimos unha palabra relacionada con ese dereito. Cando rematamos baixamos a pegalas no mural que había na planta baixa do cole.

         

                                                    

 

                                                         

MES DA CIENCIA: EXPERIMENTO CON CO2

O 12 de novembro veu á nosa aula Lorenzo, pai de Carmela e de Roque, e fixo un experimento con CO2.

Falounos dos usos e dos beneficios do CO2, e tamén dos estragos que podemos causar se facemos un mal uso.

nunha caixa precintada traía xeo seco (para poder collelo tuvo que poñer unhas luvas para non queimarse, porque o CO2 conxela a -78º) e nuns termos había auga moi quente. Botou a auga nun recipiente de cristal e a continuación o xeo seco, era impresionante escoitar como burbulleaba a auga en contacto con ese xeo xeco!!!

O que pasou a continuación non volo imos contar, mirade as fotografías e o descubriredes!!!

    

 

     

CELEBRAMOS HALLOWEEN

O 29 de outubro celebramos Halloween, pasámolo xenial!!!

Nesa semana fixemos unha exposición coas cabazas que decoramos na nosas casas.

 

Viñemos disfrazados ao cole e limos contos de medo ás escuras!!!

                 

 Trouxemos merendas terroríficas que, por certo, estaban moi saborosas!!!

 

        

 

         

Distribuir contido