Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

4º Educación primaria

INVESTIGAMOS SOBRE OS ANIMAIS VERTEBRADOS

En ciencias da natureza traballamos os animais vertebrados ao longo do mes de outubro, logo fixemos un traballo de investigación sobre estes animais. Cada grupo de clase escolleu un animal entre cada unha cas clases de vertebrados. Estivemos na biblioteca buscando información nos libros, e posteriormente na clase completamos esa información coa que atopamos usando as tablet.

Descubrimos unha morea de cousas que non coñeciamos, agora xa sabemos un pouco máis do animal que escollemos.

 

       

     

CONTOS DE BOCA OUTUBRO

O 8 de outubro visitounos Paula, nai de Xantal, e contounos o conto "El lobo en calznocillos" de  Wilfried Lupano. Para a narración do conto trouxo diapositivas feitas entre toda a familia. Como estabamos interesados en como se facían explicounos o proceso e animounos a facelas na casa.

Con este conto descubrimos unha nova faceta do malvado lobo dos contos. Gustounos moito este conto, non o coñeciamos e foi un gran descubrimento.

Grazas Paula pola visita, agardamos que volvas e nos contes outro conto!!!

Videochamada con Héctor Cajaraville

O día 22 de abril tivemos unha conversa por videochamda con Héctor Cajaraville, o autor de Kusuma, o libro que leron os nenos e as nenas de 4º de educación primaria.

Kusuma conta a historia dunha faisán que marcha do seu país soa e preñada dunha enorme rosada, en busca dun lugar mellor onde criar aos seus filliños.

Grazas a Héctor resolvimos incógnitas que nos xurdiron durante a lectura:

Que pasou co Pitiño 13?

Que foi de Guntur?

 

 

Convidámosvos a ler o libro e a adentrarvos nunha fermosa aventura.

Haberá segunda parte? Según Héctor é probable, así que...

Agardamos por ela!

 

 

 Héctor, grazas por acompañarnos!

Unha clase de ciencias especial.

Levamos unhas semanas coñecendo os aparellos do noso corpo, e as funcións que realizan, pero esta semana tivemos unha clase de Ciencias Naturais moi especial: Natalia, a nai de Gaia, conectouse telemáticamente con nós para resolvernos dúbidas e sorprendernos con cousas moi interesantes.

Foi fantástico!!! Explicounos que a función de relación era moi importante para todos os humanos... ensinounos un aparello que serve para oír os latexos dun bebé, que pode chegar ás 146 pulsacións. Tamén descubrimos que é o "timo".

Natalia é enfermeira é matrona , por iso sabe tantas cousas do corpo , e por iso a nosa profe convidouna a estar con nós.

O mellor é que dixo que podemos contar con ela cando queiramos, así que xa vos contaremos o que pasa na seguinte videochamada.

Moitas grazas Natalia !!! Serías unha boa profe!!!

(Deixámosvos unhas fotos para que vexades o "atentas e atentos" que estabamos.)

4º EP - Adaptación da programación didáctica curso 2019/20

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, adáptase a programación didáctica do presente curso, puidéndose consultar no arquivo adxunto.

Aula virtual classroom do cole

Bo día a todos e a todas:

Déixovos un ARQUIVO adxunto co titorial a seguir para que poidades acceder por primeira vez á aula virtual do cole, dende aquí comezaremos a traballar o vindeiro luns 27 de abril. Subirei as actividades unha vez á semana, os luns, dareivos un tempo para que as vaiades entregando cubertas, e ao luns seguinte novas actividades. Ánimo e adiante! Xa levamos moito camiño andado, e vai quedando menos por percorrer!

 

DÍA DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Hoxe é o Día do Libro e do dereito do autor e queremos celebralo con vós a través das aportacións que fixestes a "Fame de Palabras". Disfrutádeo!

bibliocenti.blogspot.com

Distribuir contido