Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
Actividades complementarias e extraescolares (EACE)
Día da Paz
O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Para iso, cociñamos a mellor sopa do mundo para a paz de Centieiras. Por grupos cooperativos, levando a cabo a dinámica de lapis ao centro, preparamos as receitas para botar na pota e así cociñar unha sopa chea de agarimo, axuda e respecto.
COS DEREITOS NON SE XOGA!
Onte conmemoramos o día da infancia reivindicando o dereito das nenas e dos nenos ao descanso, o xogo e a unha alimentaciín saudable.
Para iso, todas e todos vestidos de cor gris, levamos a cabo unha performance estética onde sentamos enriba dos nosos coxíns e estivemos 5 minutos en silencio. Tamén viñeron familias a participar con nos na nosa reivindicación.
A merenda foi a cargo de AGRONUQUEL (tenda ecolóxica en Fene) que de maneira desinteresada trouxo froitas para todos e todas.
E por último, xogamos e sobre todo desfrutamos.
unha vez máis, COS NOSOS DEREITOS NON SE XOGA!
DÍA DA INFANCIA
COS DEREITOS NON SE XOGA!
O domingo 20 de novembro se celebra o día da infancia polo que o vindeiro luns día 21 de novembro loitaremos polo noso dereito ao descanso, o xogo e a unha alimentación saudable (contamos coa colaboración de Agronuquel: Agricultura ecolóxica en Fene).
As 11:00h da mañá sairemos cara á a praza do concello reivindicando os nosos dereitos. Para isto, levaremos un coxín cada unha e un de nos e faremos unha performance estética. Sentaremos en cada coxín e estaremos 5 minutos en silencio.
Estades todas e todos convidados a participar.
25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Durante esta semana celebramos o Día Internacional Contra a violencia de xénero. Entre algunhas das actividades que fixemos están as propostas pola FANPA Ferrolterra entre elas un flash mob e unhas tarxetas con mensaxes contra a violencia de xénero; tamén traballamos o conto Artur e Clementina e fixemos unhas chapas.
Ruta en KAYAKS pola ría de Ares
O pasado luns, 15 de xuño de 2021, os grupos de 5º, 6ºA e 6ºB de educación primaria, levamos a cabo unha xornada lúdico-deportiva nos arredores da praia da Madalena, no concello de Cabanas.
Poidemos desfrutar dunha serie de actividades deportivas grazas ao Clube CabanasKDM, que foi o encargado de dirixir as actividades. O tempo atmosférico foi estupendo para que os rapaces, rapazas e profesorado que acompañaron a saída, desfrutaran o máximo deste día.
Alí realizaron diversas actividades entre as que se atopan: ruta en kayaks pola ría, andaina de senderismo pola cosa até a pequena praia de Chamoso, diversos xogos na area, e tempo libre para poder darse un pequeno chapuzón. Posteriormente dispuxémonos a xantar até que o autobús nos recolleu para tornar ao colexio aí das 17h.
Unha experiencia fantástica para repetir todos os anos!!!
Deixámosvos un ENLACE para poder visualizar o realizado neste día.
MAIOS
O martes 11 de maio celebramos "Os Maios" no cole.
Que ben o pasamos colocando as flores!
Ollade que ben quedaron clicando no enlace.
https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d360268575k6452078o1l1/Maios%20centi
8 de MARZO - DIA INTERNACIONAL DA MULLER
O pasado luns, 8 de marzo, celebrábase o Día Internacional da Muller e ao redor desas semanas estivemos a coñecer a figura de diferentes mulleres importantes nas 7 artes, os motivos? Moitos!
Por unha banda celebrar o "Día Internacional da Muller" e visibilizar a súa labor en diferentes disciplinas e por outra relacionar esta conmemoración co noso Proxecto Documental Integrado, porque si algo estamos a reflexionar e aprender este ano é que en moitas das cancións, en moitas pinturas, e na arte en xeral, ponse de manifesto e plásmase aquilo que sinten as artistas!
María Castro, Guadi Galego, Rosalía de Castro, Ledicia Costas, Elena Ferro, Sés... son algúns dos exemplos das mulleres elixidas. Mulleres importantes de hoxe e do pasado, mulleres da nosa terra... Galicia!!!
Ao final, coas aportacións dos diferentes cursos quedou unha obra de arquitectura ben chula!
TORNOU O ENTROIDO!!!
Benqueridas familias!
O Entroido chegou ao noso colexio, e como non podía ser doutro xeito, celebrámolo con moito gusto pero tendo en conta a situación sanitaria na que nos atopamos. Degustamos produtos típicos destas datas de xeito individual para que non poideran ser compartidas, evitando así situacións perigosas. Ao mesmo tempo disfrazámonos cunha temática moi graciosa "EMOTICONOS ou EMOJIS", e ata gravamos un vídeo!!!!. Se queredes ver as fotos dos vosos fillos e fillas tedes que premer AQUÍ.
Móvete con nós! Entroido 2021
Así de ben e mais o pasamos a mañá do venres 12 de febreiro no cole. Móvete con nós! A canción é Móvete!, de Paco Nogueiras
FELICITACIÓN DO NADAL
Estimadas familias e alumnado:
Todos os que formamos parte deste gran colexio - persoal de limpeza, persoal de comedor, Anpa, conserxe e a totalidade do claustro de mestres/as - queren desexarvos unhas moi boas festas e un millor ano 2021, e que tanta falta nos fai. Deixámosvos abaixo diversas decoracións realizadas polas familias da Anpa e que transmiten ledicia ao centro educativo. Moitas grazas!!!
Apertas e vémonos á volta!!!
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
