Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Actividades complementarias e extraescolares (EACE)

DEBUXOS DE MEDO 2020

Un ano máis, para conmemorar o Samaín e o Hallowen, as nenas e nenos de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria participaron no concurso organizado a nivel centro "Debuxos de medo".

No seguinte adxunto podedes ver os debuxos gañadores.

 

Mural da igualdade con Leandro Lamas

Dentro das actividades planificadas no noso Plan de Igualdade do centro, o luns 14 de setembro nenas, nenos, mestras e mestres pintamos un mural na entrada do cole e pasámolo moi ben! Moitas grazas ao artista Leandro Lamas por axudarnos e colaborar con nós a pesares de todas as dificultades destes tempos.

Mural da igualdade Centieiras

 

 

Un Samaín terroríficamente divertido!

Durante a mañá de hoxe celebramos no cole o Samaín e Halloween. Comezamos a mañá lendo historias de medo á luz das linternas, escoitamos os contos gañadores do concurso de contos de medo na biblioteca e disfrutamos dunha festa con discoteca,"photocall", aula do terror, taller de pintacaras e taller de cociña de medo. Foi un día divertidísimo!

PASAPALABRA

Animádesvos a xogar ó Pasapalabra?. Só tendes que clicar na letra do rosco para saber a pregunta, para voltar ó rosco debedes facer click á interrogante que aparece na dereita e para comprobar a resposta faise click  na letra correspondente que está debaixo do rosco.

MANNEQUIN CHALLENGE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero no Ceip Centieiras fixemos un mannequin challenge coa canción "Chea de vida" de Guadi Galego.

 

OUTROS XOGOS

Pintando no chan para pasar outros recreos...


Talleres de Magosto

Os nenos e nenas do taller de fotografía de primario realizaron estas magníficas fotos dos diferentes talleres realizados o día de hoxe para conmemorar o Magosto: millo, estampado, fotografía infantil, árbore con estampación, mandalas con froitos de outono, cestos para as castañas, letras, árbore de fieltro, mural, pedras, grilanda, mandalas de primaria e zonchos. Por un fallo técnico non hai fotos dos talleres de "mural" e "zonchos" pero si do seu resultado! 
 
 
Distribuir contido