Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

4º Educación primaria

Xusestión de actividades 30 marzo 2020

Bo día familias, bo día nenos, bo día nenas: comeza unha nova semana de cuarentena, desexo e espero que a levedes tan ben como fixestes ata o de agora. Nenos e nenas, estades a darnos unha gran lección aos maiores co voso saber estar illados, seguide así, vós tamén sodes uns campións.

Estas son as suxestións de actividades para estes días, recordade que non debedas facelas todas "xuntas", tendes que dosificalas no tempo. Tamén van dous xogos: un de matemáticas, SUMON,  para reforzar o cálculo mental, e outro de lingua castelá (atoparédelo nun dos ficheiros adxuntos), para reforzar a acentación das palabras agudas. Tamén están as solucións ás actividades do venres 27 de marzo, para que as vaiades corrixindo segundo ides facendo.

Moito ánimo para todos, familias, nenos, nenas... como  equipo non temos rival e xuntos gañaremos esta batalla!

 

PROPOSTA DE MÚSICA PARA O MÉRCORES 1 DE ABRIL

Cantamos e bailamos “Quédate en tu casa”

Recordamos as posición da frauta e seguimos repasando a escala musical.

Continuamos coa canción Move your body.

Xogo: Trivial musical

CORONAOCA DEPORTIVA!!!

corona oca deportiva reducida

Pinchade na imaxe para descargalo.

 

#FicaNoLar e #Móvete

Queridos alumnos/as e familias!

 Sí, seguro que o estades pensando. Que ocorre coas as clases de Educación Física?  Por que o profe Abel non nos mandou tarefas ao igual que o resto do profesorado? Ben, lamentablemente non todo o mundo dispón do mesmo espazo para vivir. Aqueles que teñan casa e non piso, teñen moitas máis facilidades de poder exercitarse. Aínda así non teño desculpa polo que vouvos dar varias ideas, e se vos apetece e tedes espazo, poñédelas en práctica.

 Comezamos cun xogo da OCA que atopei por Internet para participar en familia, desenvolvido por un mestre de EF dun cole de Murcia. Moi, moi orixinal. Eu xa o puxen en práctica coas miñas pequechas. ATREVÉDESVOS?

English activities: review and investigate

Good morning!

How are you?

Here you have some activities:

1) Check your answers to the previous worksheet: 

2) Investigate about the Giant's forest in USA and complete the worksheet below

Enjoy!

Nova quenda de suxestión de actividades

Bo día de novo a todos e a todas:

Estamos xa no último día da segunda semana de cuarentena, xa queda menos! 

Aquí vos deixo varias cousas:

- a suxestión de actividades para estes días e o solucionario do mércores 25 de marzo.

- unha suxestión de actividades de ocio para este período de illamento.

- un xogo de "pasapalabra" para afondar no vocabulario e aprender palabras novas.

- o enlace para descargar Smartick: aplicación matemáticas para todas as idades.

Agardo que esteades a levar relativamente ben esta nova situación que nos tocou vivir. Ánimo e seguide coidándovos!

English activities: Animals of the world

Good morning!

Here you have new and fun activities.

1) Review your answers of the Come to the beautiful Galapago's Island

2) Do the quiz and remember about animals of the world.

3) Read and complete the worksheet.

I will post the answers on Friday. 

Have a good day!

Suxestión de actividades para estes días

Bo día a todos e a todas: 

Aí vai unha nova quenda de suxestión de actividades para estes días.

Envío tamén os solucionarios das xusestións do mércores 18 de marzo e do luns 23 de marzo para que, si queredes, vaiades corrixindo o que xa levan feito os nenos e as nenas.

Para que aprendan xogando, podedes descargar unha app matemática:

  • Times tables: traballa as táboas, vai por niveles ata que non aprendes unha táboa non che deixa pasar á seguinte.

E para xogar coa ortografía aquí atoparedes "a carreira das ras ortográficas".

Tamén neste enlace poderedes ler o conto "Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa)".

Como vedes, hoxe tendes de todo ou pouquiño. Seguide coidándovos!

This is Pop Art! Arts&Crafts

Las profes de Arts del cole hemos hecho una pequeña unidad sobre el movimiento Pop Art y os animamos a que hagáis todas las láminas que os gusten que veréis adjuntas a continuación siguiendo los modelos. ¿Te apetece?

Primero, un poco de información sobre lo que es Pop Art y sus principales autores:

¿A que es divertido? ¡Mira los PDF que están abajo  y prueba tú!

Puedes enviarnos una foto de tu lámina con tu nombre al correo ceip.ascentieiras@edu.xunta.es y las publicaremos en la web

Welcome Spring!

 

English Reading Comprehension: Galapagos Island

Hello hello!

Do you want to know more about the Galapagos Island?

Let's read and do some activities about them!

On Wednesday, I will post the answers. Enjoy!

PROPOSTA DE MÚSICA PARA O MÉRCORES 25 DE MARZO

        Repasamos a escala musical coa frauta. Posicións da frauta.

         Practicamos o Si- La e Sol coa frauta coa canción “Move your body”.

         Xogo: Aprendo as notas Mi-Sol-La para ler, escribir e escoitar.

Distribuir contido