Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

4º Educación primaria

Suxestión de actividades para estes días

 

Bo día familias, nenos e nenas: 

Aquí vai outra quenda de propostas de actividades para estes días. 

E para seguir aprendendo cos xogos aquí tendes tres enlaces: 

Ø -practicar a multiplicación:

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-matematicas/mult-num-2-cifras-2

Ø -uso do acento gráfico:

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-lenguaje/juego-tilde

Ø -xogos de ciencias da natureza para repasar contidos traballados: o corpo humano e os mamíferos.

http://www.cristic.com/3o-y-4o-de-primaria/naturales 

Quería informarvos tamén de que a partir de hoxe, luns 23 de marzo, comeza o programa “Aprendemos en casa”na canle CLAN TV. En concreto para o alumnado de 4º de EP a distribución de contidos que van emitir todos os días de luns a venres en horario de 10h a 11h é a seguinte:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

Matemáticas

Ciencias Sociais

Ed. Artíst./

Ed. Física

Lingua /

Idioma

Ciencias da Natureza.

 

Tamén na canle TVG2 os pequenos poderán ver de luns a venres, as clásicas series divulgativas de animación “Era unha vez... o home”ás 11h, e “Era unha vez... os exploradores”ás 11:30h, todos os días de luns a venres.

Arriba o ánimo familias, nenos e nenas!

Unha aperta enorme, grazas de novo e seguídevos coidando.

 

 

Xusestión de actividades para estes días

Bo día familias, bo día nenos, bo día nenas:

Aí vai a primeira quenda de actividades para estes días. Ao longo da "cuarentena" ireivos subindo actividades cada dous días (todos os luns, mércores e venres lectivos). Non son para facer todas dunha vez, debedes dosificalas no tempo pois os días na casa son moi "longos" e dan para facer moitas cousas.

Pero como non todo vai ser "escribir", déixovos dous enlaces de xogos para que tamén aprendades xogando.

https://www.cokitos.com/4-primaria

https://www.aulaplaneta.com/2017/05/18/en-familia/doce-plataformas-de-juegos-online-para-aprender-y-divertirse

E agora vai a xusestión de actividades para estes días.

Ánimo familias, nenos e nenas! Xuntos facemos un gran equipo!

Coidádevos moito! 

Unha aperta enorme para todos!

Recomendacións para todos os días

Bo día a todos e a todos... Estas son as recomendacións para manter un horario e unhas rutinas nestes días de corentena, e deste xeito axudar a que a autonomía e o ritmo de traballo dos nenos e das nenas non se vexan alterados.

Agradecervos dende aquí a vosa comprensión e colaboración.

Un saúdo.

A titora de 4º EP.

Actividades de música para 4º de EP

- Repasamos coa frauta a escala musical.

- Practicamos as notas Mi- La- Sol e Si co "Blues oriental".

http://musicaennescania.blogspot.com/2016/01/blues-oriental.html

 

Pasos: Escoitamos a canción varias veces, miramos as notas da partitura e as escribimos se é necesario. Finalmente, comezamos moi lentamente a practicar a canción.

 

4ºEP Actividade de inglés: repaso de vocabulario con Quizlet

Con esta aplicación, poderás poñer a proba todo o que recordas sobre o vocabulario de inglés de "Food". Os pasos son os seguintes:

1) Proba a ver cántas flashcards acertas! Pincha aquí

2) Intenta acertar a resposta correcta. Pincha aquí

3) Serías capaz de escribilas? Pincha aquí

4) Afina o oído e escribe o que escoites! Pincha aquí

5) Proba que xa és todo un experto ou experta nesta proba. Pincha aquí

Afondamento Matemático

 

Durante este curso, os alumnos e alumnas de 4ºA e 4ºB adicamos unha hora semanal a afondar nas matemáticas. Comezamos pola creación, en pequeno grupo, dun "Restaurante". Cada un deseñou a súa carta de menús e os prezos de cada prato. Deste xeito, aproveitamos para traballar con decimais, repartos, cambios, etc.

Tamén xogamos con medidas e pesos (empregando obxectos da aula, alimentos, partes do noso corpo...); esprememos a mente resolvendo crebacabezas e realizamos xogos matemáticos: o dominó, as cartas, o mikado, o tangram,...

Así, as matemáticas resultan moito máis entretidas!

 

 

 

UNHA CASIÑA BRANCA. O CÓMIC.

Os nenos e nenas de 4º realizamos dous cómics baseados no libro "Unha casiña branca" de Marcos Calveiro. Esperamos vos gusten. 

UNHA CASIÑA BRANCA

   A semana pasada os alumnos e alumnas de 4º e 5º comezámola falando do lixo; vaia tema para comezar a semana, pensaredes. Pois si, lemos a historia dunha casiña branca e a maioría pensamos que era de ciencia ficción, uns nenos que vivían nun vertedoiro infindo, onde non quedaba nada da nosa realidade, nin coches, nin árbores, nin casas... E aí vén Marcos Calveiro a descubrirnos a crúa realidade: no mundo hai moitos nenos e familias que viven nos e dos vertedoiros, e todo iso cunhas imaxes de distintos lugares do mundo.

    Falamos dos tres R, reducir, reutilizar e reciclar, como única solución de non chegar a crear ese mundo no que estaríamos todos condenados a vivir. De todas maneiras, como dicía el, Unha casiña branca é un “libro filete”, así que aínda cabe a posibilidade de que nós atopemos solucións para non chegar a eses extremos. 

 

                                

                                

Quen roubou o meu trono?

Este conto foi ilustrado e narrado polos nenos e nenas de 4º B e é unha adaptación do conto "¿Quien ha robado mi trono?" de Gabriela Keselman

UNHA CASIÑA BRANCA.

Unha casiña branca de Marcos Calveiro e ilustracións de Marcos Viso é a obra que este curso imos ler os nenos e nenas de cuarto. Segundo o seu autor a función primordial da literatura infantil ademáis de deleitar é a de abrir a mente, ampliar o coñecemento, amosar un mundo novo ante nós. En resumo, facernos máis libres e críticos ante todo o que nos arrodea.

 

Distribuir contido