Saltar navegación.


Presentación   |   Horarios   |   Oferta educativa   |   Secretaría   |   Contacto

Xogando con Marta.

Sorriso Hoxe tivemos unha visita especial: Marta, a mamá de Irene.

Contounos que ,cando era pequena, xogaba cos seus pais e os seus irmáns ao parchís, á oca, á baralla española. Á baralla xogaba ao "cinquillo", e descubrimos que algúns coñecían o xogo, pero con outro nome: "escaleira". Tamén aprendeunos a xogar ao "burro", e démonos conta de que había dúas formas de xogar.

Despois xogou con nós ao "Virus", un xogo de mesa moi divertido...a verdade é que foi xenial.

Grazas Marta !! Esperamos que volvas axiña!