Presentación | Horarios | Oferta educativa | Secretaría | Contacto
1º Educación primaria
1º EP - Adaptación da programación didáctica curso 2019/20
Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, adáptase a programación didáctica do presente curso, puidéndose consultar no arquivo adxunto.
TAREFAS 1º E.P.
Adxunto proposta de actividades para o venres 24 de abril, lembrade que as do luns xa estarán colgadas na aula virtual.
TITORIAL PARA ACCEDER Á AULA VIRTUAL.
Adxunto titorial para acceder á aula virtual.
Tedes enlace directo nesta web na marxe esquerda "Aula virtual".
DÍA DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR
Hoxe é o Día do Libro e do dereito do autor e queremos celebralo con vós a través das aportacións que fixestes a "Fame de Palabras". Disfrutádeo!
RETOS EF NO CONFINAMENTO (20 ao 24 abril)
Ola rapaces e rapazas!
Déixovos unha serie de retos para levar a cabo. Seredes capaces de superarvos a vós mesmos? As explicacións están en catalán, pero fan unha demostración do reto polo que é facilmente entendible. A por elo!!!
- Salta comigo: https://youtu.be/b_xGJqGcDas
- Quen se achega máis?: https://youtu.be/ZPomffax4DI
- Baixo canastra: https://youtu.be/tfyzxVQhZeU
- Érgome sen que me caia o rolo: https://youtu.be/Iw9cNYlRL5w
- Aplauso pelota: https://youtu.be/MrQvEvUyvwg
- Quen encesta máis?: https://youtu.be/aBZa3iTemXM
1º PROPOSTA DE MÚSICA PARA A SEMANA DO 20 DE ABRIL
Bo día!
A continuación adxunto a proposta para esta semana.
Un saúdo.
