blogue deMacu Rodríguez

ORGANIZAMOS UNHA EXPOSICIÓN DE FOLLAS E FROITOS DE OUTONO

 

O 23 de setembro comezou o outono e propuxémonos, igual que  auténticxs científicxs, observar a natureza e comprobar como todo ía cambiando arredor de nós;.

 

Pouco a pouco , as follas das árbores ían mudando de cor e, co paso dos días, caían e formaban unha fermosa alfombra.

 

Entón, decidimos recoller algunhas delas e aprender os nomes das árbores das que procedían. Logo, quixemos averiguar cales desas árbores daban froitos e tamén recollemos algúns.

 

Tras varias semanas de observación, recollida e análise, organizamos unha exposición. QUEDOUNOS CHULÍSIMA!!!

 

 

FOMOS AO FIC!!!

Este xoves fomos ao Centro Social do Mar para ver cinco curtametraxes que no FIC seleccionaron para nós.  MIRADE QUE GUAPXS ESTAMOS!!!

 

 

 

Antes de ir, na clase fixemos algunha das actividades que nos propoñían; tratamos de adiviñar que historia contaba cada  curtametraxe a partir dunha imaxe e na sesión de Plástica debuxamos o protagonista dunha delas.

Estas son as imaxes:

 

De regreso, votamos as que máis nos gustaran. Quedaron empatadas "Vuela", porque aínda que era moi triste, era moi emocionante;  e "HEART3", porque resultou divertidísima!!

PASÁMOLO MOI BEN!!

 

 

BENVIDXS A PRIMARIA!!!

BENQUERIDAS FAMILIAS, BENVIDAS A PRIMARIA!!

Perdoádenos o retraso; é que estes primeiros días andivemos un pouquiño atarefadxs.

Deixámosvos aquí a presentación da reunión de comezo de curso.

CATA GONZÁLEZ CABODEVILA, de 6º A, FINALISTA NO CONCURSO DA EDITORIAL COMBEL CO SEU DESEÑO DO EX LIBRIS DO Sr. FLAT !!

 

HOXE ESTAMOS DE CELEBRACIÓN E

CATA É A PROTAGONISTA!!!

 

Hoxe estamos contetísimxs e queremos compartilo con vós! CATA GONZÁLEZ CABODEVILA, de 6º A,  quedou finalista nun concurso da Editorial Combel. O seu deseño foi un dos dez finalistas seleccionados entre varios miles de traballos presentados .

Hai algún tempo, a profe Silvia propúxonos que participásemos nun concurso organizado pola Editorial Combel en relación coa colección de libros de banda deseñada "AGUS Y LOS MONSTRUOS". Trátase dunha serie  de libros que  temos na nosa biblio e que nos gusta moito.

A tarefa consistía en deseñar o “ex libris” do Sr. FLAT, un dos personaxes da colección de AGUS Y LOS MONSTRUOS. Para levala a cabo tivemos toda a axuda da profe Silvia que nos aconsellou e orientou, ademais de encargarse de inscribirnos no concurso, enviar os noso traballos e manterse en contacto coa editorial. MOITAS GRAZAS, PROFE!!!!

Participaron moitísimos os centro de ensino de toda España. Non queremos equivocarnos, pero cremos que nos dixeron que presentaron  os seus deseños algo así como uns 10000 alumnxs.

Esta mañá veu un representante da EDITORIAL COMBEL  a facerlle entrega do agasallo  en nome do xurado que escolleu o deseño do seu selo.

 

Aquí vos deixamos a imaxe do deseño de CATA e algunhas fotos da celebración.

 

MOITÍSMAS FELICIDADES, CATA!!!

 

ESTAMOS MOI ORGULLOSXS DE TI!!!

 

 

8 DE MARZO, MULLERES SENLLEIRAS!!

 

Esta actividade que levamos a cabo co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER cumpre unha dobre función; ten as mulleres como protagonistas e desenvolve varios ODS.

 

Un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) traballados ao longo deste curso, concretamente o 15, está relacionado coa Vida e ecosistemas terrestres. Neste sentido, as abellas teñen un papel fundamental nos ecosistemas xa que a produción da alimentación e a biodiversidade mundial depende delas.

 

Igual que as abellas son indispensables no equilibrio dos ecosistemas e na  subsistencia da humanidade, as mulleres tamén o son. Elas adquiren un papel fundamental nos ODS. Boa parte destes obxectivos recoñecen especificamente a igualdade e o empoderamento das mulleres. Se logramos a igualdade no acceso á educación, á atención médica, un traballo digno e poder de decisión nas esferas política e económica, impulsarase o desenvolvemento sostible e beneficiarase á humanidade no seu conxunto.

 

Por este motivo, as mozas e mozos  de 6º de Primaria fixemos un labor de investigación e  procuramos información para redactar as biografías de diversas mulleres senlleiras do noso país, entre as que destacan grandes científicas, educadoras, deportistas, periodistas, escritoras, políticas, gaiteiras, cantautoras...

 

Para rematar, elaborarmos un panal cos nomes, as biografías e as fotografías destas importantes mulleres que xa forman parte da historia.

Velaí o tendes!!

 

Booktrailers

Aquí tendes algúns dos booktrailers que realizamos.

A ver se vos gustan!

DÍGOCHO EU!

 

E por fin chegou o día en que gravamos as nosas achegas ao "DÍGOCHO EU!" da Pedra!!!

 

Isto de estar en sexto é unha liada tremenda!! Sempre andamos enredadxs en mil cousas e non damos feito...!

 

A tarefa comezámola hai un par de semanas, cando, na clase de lingua galega estudamos as características dos textos teatrais.

 

Logo, puxémonos mans á obra para redactar, por equipos, o que naceu con forma e estrutura de peza teatral para rematar por converterse en guión cinematográfico!!!

 

 

 

Pois, o dito, unha vez redactados, deseñamos os “story board” correspondentes e... A GRAVAR!!!

 

A verdade é que  o pasamos xenial!!!

 

E ademais, aprendemos vocabulario en galego; que boa falta nos fai...!!! DÍGOCHO EU!!!

 

Velaí os tendes! A ver que vos parecen!!

 "DÍGOCHO EU!" de Andrea,Aroa,Naiara e Clara.

 Dígocho eu! de Mariña, Catalina e Daniela

 

 Dígocho eu! de Gael e Mateo

 

Dígocho eu! de Mario A. Mario B., Cristian, Nicolás e Matías

APRENDEMOS A CREAR BOOKTRAILERS!!!

 

Ola a todxs!!!

 

HOXE XS DE 6º VIVIMOS UNHA EXPERIENCIA EXTRAODINARAI!!

 

Pasámolo xenial aprendendo a crear BOOKTRAILERS a partir das recensións literarias que escribiramos co gallo do Día Internacional do Libro!!!

 

Resulta que, como xa sabedes, durante os recreos formamos equipos de auxiliares de biblioteca para axudar un pouquiño a Papirus con todo o traballo da xestión de préstamo de libros. Ben, pois, desde  o programa de BIBLIOTECAS SOLIDARIAS recoñecéronnos eses labor de VOLUNTARIADO DE LECTURA A e agasalláronnos unha xornada de formación audiovisual para crear os BOOKTRAILERS dos que vos falamos.

 

Tivemos a axuda de dous técnicos audiovisuais, MARÍA e ROI, que nos ensinaron a levar a cabo o proceso completo; desde os apuntamentos das primeiras ideas que habemos contar na nosa montaxe, pasando pola gravación de vídeos, audios e fotos, ata a edición da composición final.

 

Empezamos cunha breve explicación na que nos indicaron os pasos a seguir, trala cal nos amosaron varios exemplos de booktrailers elaborados por rapazada doutros coles para que nos servisen de inspiración.

 

Logo, puxémonos mans á obra para  deseñar o STORYBOARD, que ven a ser algo así como un guíón cinematrográfico con anotacións teatrais e formato de cómic (unha viñeta por cada escena), onde se representa cantas escenas imos gravar e que vai suceder en cada unha delas.

 

Cando xa tiñamos claro que iamos dicir en cada parte da gravación, quen falaría, que combinacións de vídeos, fotos, debuxos ou que elementos de atrezzo habiamos empregar, pasamos á fase máis divertida: gravar!!!! OCUPAMOS O COLE ENTEIRO!!!! A BIBLIO, O COMEDOR, A PISTA DE FÚTBOL, OS CORREDORES, VARIAS AULAS...!!!!UNHA REVOLUCIÓN...!! E...QUE RISA...!!! HOUBO QUE REPETIR TOMAS PORQUE NOS TRABUCABAMOS OU, DE SÚPETO, ABRÍA ALGUÉN A PORTA...!!!

 

Despois disto, veu a parte técnica; unificar, editar e darlle forma definitiva á nosa RECOMENDACIÓN LITERARIA!!!

 

QUE BEN O PASAMOS E CANTO APRENDEMOS!!!!

 

Velaquí vos deixamos algunhas fotos para que lles botedes un ollo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MAÑÁ SUBIREMOS OS TRAILERS, A VER SE VOS GUSTAN!!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido