Blogues

Hologramas!

Coñecemos os hologramas. Unha experiencia sinxela pero interesante!

NOVAS

 

 

 v

 

 

Bolsas e axudas para alumnado NEAE

 

2024-2025

 

Seguindo a normativa de referencia:

Resolución do 12 de abril de 2024, da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativa para o curso 2024-2025.

 

Para cumprimentar a solicitude hai que facela a través da páxina web do Ministerio de Educación:

 https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109

 

 

 

 

 

Fondo Solidario de libros de texto

e as Axudas para adquirir libros de texto

e Material escolar

para o curso 2024/2025.

 

ORDE do 7 de maio de 2024

 

CADRO RESUMO FONDO E AXUDAS

 

  • O alumnado de 5º e 6º de Primaria está excluído da axuda para Libros de texto e tamén do Fondo de Libros xa que están incluídos no Proxecto E-DIXGAL. Sen embargo, SI poden solicitar a axuda para material escolar.

  • O alumnado de 3º e 4º de Primaria poden solicitar o FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, o cal se asignará por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar ata esgotar existencias do centro.

  • As axudas para o material escolar está destinada a todo primaria, tendo en conta a renda per cápita do cadro anterior asignarase 75€ ou 60€.

    MODO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

  • De forma presencial no centro, previamente dende a secretaría do mesmo entrégase a solicitude (ED330B) para cumprimentar e adxuntar a documentación necesaria fotocopiada e coa orixinal para cotexar.

  • De forma presencial no centro, pero cumprimentada dixitalmente a solicitude ED330B (Anexo I e Anexo II) a través da Aplicación FONDOLIBROS. Posteriormente, imprímense e entréganse en secretaría.

  • De forma telemática, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia empregando a Chave 365 ou Certificado Dixital.

 

DOCUMENTACIÓN

 ( cando se autorice a consulta telemática)

  • Impreso da solicitude (ED330B) o Anexo I e Anexo II.
  • Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. (Situación real a 31 de decembro de 2022).
  • E de ser o caso, sería necesario presentar tamén:
  • Sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Certificado de convivencia se a sentenza e o convenio non representan a situación real.
  • Documentación xustificativa de violencia de xénero.
  • Certificado do grao de discapacidade, se o órgano non pertence á Xunta de Galicia.
  • Certificado de defunción, de ser o caso.

PRAZOS PARA PRESENTAR SOLICITUDES

 

Do 21 de maio ao 21 de xuño.

 

PUBLICACIÓNS FONDO SOLIDARIO

As listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FONDOLIBROS, empregando a Chave 365 ou o Certificado Dixital.

Datas límites:

 LISTAXES PROVISIONAIS (3º e 4º) 12 de xullo 2024.

RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS: 2 días seguintes á súa publicación.

LISTAXES DEFINITIVAS (3º e 4º) 26 de xullo 2024.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2024 "HOMENAXE A LUÍSA VILLALTA"

Este é o mural dedicado a LUÍSA VILLALTA, que preside a entrada do noso cole. Todo o alumnado do cole puxo o seu  anaco para que o resultado final fose este.

Mentres a rapazada de infantil decorou as letras, o alumnado de primeiro ciclo reproduCIU citas da escritora coruñesa,  o de segundo ciclo deixou constancia de partes importantes da súa biografía e do seu activismo social e o de terceiro ciclo escribiu nos pentagramas algún poema.

 

Esta é a aportación e cuarto de primaria.

 

Celebramos a  festa das letras galegas este mércores despois do recreo. Primeiro lemos as nosas aportacións no mural.

 

 Finalmente cantamos todxs xuntxs o himno galego.

 

OBRADOIRO DE ALFOMBRAS COA ASOCIACIÓN CUNCHAS E FLORES DE BUEU

Este luns, 13 de maio, o alumnado de cuarto tivemos a sorte de elaborar alfombras no patio do noso cole grazas á iniciativa da asociación “Cunchas e flores de Bueu”.

Contáronnos a importancia desta tradición en Bueu e  que a súa intención e que a rapazada a continuemos. Despois fomos directamente para o patio cuberto porque a meteoroloxía non nos permitiu outra opción. Pasámolo xenial! 

Realizamos todas as fases: Primeiro pintamos con xiz os debuxos, despois perfilamos con cunchas e por último enchemos os ocos dos debuxos  con  cores diversas. Quedounos perfecto!

 

 

 

Somos moitxs os que este ano queremos repetir a experiencia nas rúas de Bueu o próximo 1 de xuño.

 

TRIATLÓN CON PHOENIX KIDS E JAVIER GÓMEZ NOYA

TRIATLÓN CON PHOENIX KIDS E JAVIER GÓMEZ NOYA

Hoxe tivemos o pracer de compartir unha xornada de promoción da actividade física e hábitos saudables en idade escolar, grazas á fundación  PHOENIX KIDS Triatlón da que é embaixador o triatleta olímpico Javier Gómez Noya.

A actividade comezou cunha pequena charla informativa sobre os múltiples beneficios da actividade física e o deporte sobre a nosa saúde, tanto física como mental e incluso no noso rendimento escolar.

A continuación Victor, María e Manu explicáronnos as diferentes probas de hábilidade que iamos realizar: unha de forza co dinamómetro, outra de resistencia en barra, a de salto tanto en altura como en lonxitude e a última de velocidade de reacción.

Xa só nos quedaba ir pasando por cada unha delas e anotar na acreditación que nos regalaron os nosos rexistros.  Grazas a Javier Gómez Noya e Phoenix Kids polo seu tempo e o agasallo.

 

 

PHO3NIX KIDS

Co gallo do noso proxecto de centro, AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS, seguimos realizando actividades relacionadas co deporte.

Este mércores, 8 de maio, o alumnado de primeiro, segundo, terceiro e cuarto gozamos dunha moi divertida e instrutiva..
Encantounos esta visita da Asociación Pho3nix kids, da que Javier Gómez Noya é o seu embaixador. Ten como obxectivo promocionar e fomentar a diversión realizando exercicio físico entre os nenos e as nenas coa práctica do triatlón. Pois obxectivo conseguido con todo o alumnado participante do CEIP PLURILINGÜE A PEDRA, parabéns polo voso traballo
Moitas grazas!

 

CORRELINGUA 2024

As rúas de Bueu convertéronse nunha auténtica festa, este martes, 7 de maio, ao recibir a visita do alumnado dos colexios de toda a comarca no Correlingua da comarca.

Baixo o lema “Dende aquí ata acolá,  galego xa” a rapazada percorreu as rúas para reivindicar  o uso da nosa lingua.

Tras a marcha reuníronse na praza Massó para escoitar o manifesto da actriz Isabel Risco e do alumnado do IES Joham Carballeira. Despois de merendar a festa continuou co concerto do grupo infantil A Gramola Gominola.

 

Os nenos e nenas do CEIP A Pedra de Bueu levaban camiseta branca na que levaban unha palabra relacionada co deporte, relacionando así esta conmemoración co PDI do centro "As Olimpíadasde Papirus"

Matemáticas e Minecraft!

A gamificación na educación sempre é unha oportunidade interesante de aprendizaxe. O alumnado de sexto traballou o perímetro, a superficie, o volume e os ángulos de unha maneira diferente. 

 

Congreso PF Innova 24 e visita ao MUPEGA

 

OBRADOIRO DE MICROPLÁSTICOS PROGRAMA PONTE A ZERO DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Antón xa é un vello coñecido doa alumnado de cuarto. O ano pasado veu ensinarnos quen vivía no composteiro, pero hoxe dounos unha charla interesantísima sobre os microplásticos


Contounos que están no mar, na selva, no corpo humano, nos animais, nas plantas. Explicounos que existen tamén os nanoplásticos, infinitamente máis pequenos e que xa se atopan no aire e chegan aos nosos pulmóns.

Todxs entendiamos que unha vez o plástico se vai desgastando convértese en esa substancias microscópicas pero o que non sabiamos e que moitos deses plásticos xa nacen sendo microscópicas como son os compostos das rodas dos coches, a pintura branca das estradas, as sinais de tráfico, se vos fixades todas teñen en común que brillan de noite. A nosa roupa está composta en gran parte por eses polímeros e cada vez que a lavamos vaise pola rede de sumidoiros e chega ao mar ou aos ríos.

Despois fixemos un obradoiro moi práctico e divertido coa area da praia.

·        

Primeiro cos coadores peneirámola e sacamos os plásticos máis grandes.

·        

Despois coas lupas atopamos outros máis pequenos.

·        

Finalmente utilizamos as lupas binoculares, semellantes aos microscopios e atopamos por fin eses microplásticos que a simple vista eran imposibles de ver.

SABEMOS QUE A ÚNICA SOLUCIÓN E ELIMINAR O USO DE PLÁSTICOS DA NOSA VIDA.

No seguinte vídeo tedes imaxes do obradoiro.

 

Distribuir contido