Estos son os catro podcasts premiados na Modalidade I alumnado de Educación Infantil, na Modalidade II alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria e alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria; pola orixinalidade do seu traballo e a calidade sonora e de contido. Un percorrido polo papel das mulleres como creadoras individualizadas, a importancia das recollas e a representación das cantigas galegas como tradición viva da poesía popular oral a través das novas manifestacións.