Gallego

Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por conciliación da vida familiar e laboral para o curso académico 2019/2020

Gallego

Publícase a Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2019/2020.

Prazo de reclamación:

  • O prazo de reclamacións comeza o día 8 de xullo de 2019 e remata o día 12 de xullo de 2019, ambos días incluídos.

  • As reclamacións á resolución provisional deberán ser realizadas electrónicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento ED 010A/2019) e ademais deberán remitilas, unha vez presentadas na sede, aos seguintes enderezos electrónicos.

Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.es
Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es

 

    Colectivo: 
    Sección: 

    Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde para o curso académico 2019/2020

    Gallego

    Publícase a Resolución provisional de persoas admitidas e de excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2019/2020.

    Así mesmo publícase o Anexo de solicitudes excluídas do profesorado que non realizou a súa petición a través da aplicación informática e están excluídos

    Prazo de reclamación:

    • O prazo de reclamacións comeza o día 8 de xullo de 2019 e remata o día 12 de xullo de 2019, ambos inclusive.

    • As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Xefatura territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da correspondente provincia segundo consta nas referidas Resolucións.
       

    Colectivo: 
    Sección: 

    Convocada a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2019/2020

    Gallego

    Resolución do 3 de xullo 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2019/20.

    Prazos de presentación:
    • a) O prazo de preinscrición comeza ao día seguinte da publicación da resolución no portal educativo e remata o día 27 de setembro 2019.
    • b) O prazo de presentación das solicitudes comeza o día 1 de xuño e remata o 8 de outubro de 2019.
       
    Colectivo: 

    Resolución provisional de centros seleccionados no programa "Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade" para o curso 2019/2020

    Gallego

    Publícase a Resolución provisional de centros seleccionados no programa "Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade" para o curso 2019/20.

    • Prazo de cinco días hábiles para formular reclamacións ou renuncias.
       
    Colectivo: 
    Sección: 

    Calendario escolar 2019/2020

    Gallego

    Resolución provisional de centros admitidos e excluídos da convocatoria e selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020

    Gallego

    Xúntase a Resolución provisional de centros admitidos e excluídos da convocatoria e selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020.

    • Prazo de cinco días hábiles para formular reclamacións.
       

     

    Sección: 

    Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020

    Gallego

    Achégase a Resolución do 25 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa "Introdución á robótica educativa en primaria" para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso 2019/20.

    • O prazo para presentar solicitudes e documentación finalizará o 30 de setembro de 2019.

    Convocatoria para participar no programa de innovación educativa "Espazos Maker" para centros docentes públicos durante o curso 2019/2020

    Gallego

    Achégase a Resolución do 25 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa "Espazos Maker" para centros docentes públicos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso 2019/20.

    • O prazo de presentación de solicitudes e documentación finalizará o 30 de setembro de 2019.
       

     

    Colectivo: 

    Adxudicación de destino provisional para o curso académico 2019/2020, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados,interinos,substitutos...

    Gallego

    Xúntase a Resolución do 21 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2019/20 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de Educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).

    • O prazo de presentación de solicitudes abrirase o día 27 de xuño de 2019 e pecharase o 17 de xullo de 2019.
       
    File: 
    Servizo relacionado: 
    Colectivo: 
    Sección: 

    Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2019/2020

    Gallego

    Xúntase o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2019/2020.

     

    Colectivo: