Gallego

Plan Anual de Formación do profesorado para o curso 2024-25

Plan Anual de Formación do profesorado
Gallego

Xúntase o Plan de Formación do profesorado para o curso 2024-25 artellado arredor das liñas prioritarias da Consellería e concretado en itinerarios formativos. 

 

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 24 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se establecen as bases para o desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) curso 2024/25

Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se establecen as bases para o desenvolvemento dos ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2024/25.

  • O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará aos dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

 

Convocada a selección de plans de formación permanente do profesorado PFPP que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2024/25

Gallego

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2024/25.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Relación provisional de admitidos na proba substitutiva da ESO e na de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio curso 2024/25

Gallego

Xúntase a relación provisional de admitidos na proba substitutiva da ESO e na de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio para o curso 2024/25.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023-24

Gallego

Xúntase a Orde do 19 de xuño de 2024 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311E).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 19 de agosto de 2024 e rematará o día 18 de setembro de 2024.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución da convocatoria dos premios de curtas de animación en galego elaboradas no marco do Programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2023-2024

Gallego

Resolución da XII edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!, da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO Editora.

A Comisión de Selección, logo de avaliar as curtas presentadas á XII edición de Nós tamén creamos!, resolveu outorgar os seguintes galardóns:

 

Categoría 1: 2º ciclo de

educación infantil

1º Premio

Caracola, do EEI do Vao, de Poio (Pontevedra)

Accésit

Quen levou o pemento de Padrón, dos EEI da Escravitude, de Pontecesures, de Arretén e de Extramundi de Arriba, de Padrón (Pontevedra)

Categoría 2: 1º e 2º de educación primaria

1º Premio

Quen levou a Lúa?, do CEIP Carlos Casares, de Nigrán (Pontevedra)

Categoría 3: 3º e 4º de educación primaria

1º Premio

Quen levou a Lúa?, do CEIP A Igrexa-Calo, de Teo (A Coruña)

Accésit

Chocolata, do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, do Barco de Valdeorras (Ourense)

Categoría 4: 5º e 6º de

educación primaria

1º Premio

O que ten que aprender un cempés, do CEIP Viñagrande-Deiro, de Vilanova de Arousa (Pontevedra)

Accésit

A sopa queima, do CEIP Ramón Otero Pedrayo, da Laracha (A Coruña)

 

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba de acceso nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño, Restauración e Arte Dramática

Gallego

Xúntase as seguintes listaxes:

  • Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na proba de acceso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño
  • Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na proba de acceso das ensinanzas artísticas superiores de Restauración
  • Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na proba de acceso das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución da Convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023-2024

Gallego

A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolveron a convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024.

 

Seleccionáronse os seguintes proxectos, ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024 e se establecen as bases reguladoras para realizalos:

  • cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:

 

Proxecto

Centro

Concello

Provincia

Aquí tamén se fala

IES Rafael Dieste

A Coruña

A Coruña

Non só é lume

IES A Cachada

Boiro

A Coruña

Fai un trato co galego!

CEIP de Prácticas López Ferreiro

Santiago

A Coruña

A memoria das palabras

IES Fontem Albei

A Fonsagrada

Lugo

Abrazando a diversidade lingüística

CEIP Plurilingüe de Tenorio

Cerdedo-Cotobade

Pontevedra

 

Cada un destes cinco proxectos recibirá unha dotación económica de 2.000 € para o centro ou centros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.

 

  • dous proxectos aos que se lles concede unha Mención de Honra:

Son das flores, música para a transformación

CEIP Vicente Risco

Vigo

Pontevedra

PaliquéochoEU

CEE María Mariño

A Coruña

A Coruña

O profesorado implicado activamente no desenvolvemento destes proxectos recibirá unha certificación de Accésit, ademais de apoio e asesoramento durante o seu desenvolvemento e a difusión das experiencias e dos materiais educativos producidos a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.

Colectivo: 

Resolución de concesión das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral 2024

Gallego

Xúntase a Resolución de concesión das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral 2024 publicada no DOG no día de hoxe.

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Publicación da relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas para o curso académico 2024/25

Gallego

Xúntase a Resolución do 26 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 15 de abril de 2019, código de procedemento ED010A (DOG nº 82, do 30 de abril).

De conformidade co artigo 11 da Orde do 15 de abril de 2019, contra esta resolución definitiva, as persoas interesadas poderán formular recurso de reposición, no prazo comprendido entre o día 27 de xuño de 2024 e o día de 26 de xullo de 2024, ambos os dous incluídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Recurso de reposición activado no procedemento normalizado ED010A do seguinte xeito:

  1. Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
  2. Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
  3. Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, (código de procedemento ED010A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Recurso de reposición”.

    IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010A). Non se tramitarán os recursos formulados en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.

  4. Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o recurso asinado como o recibo de presentación deste.

Colectivo: