Gallego

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2024

Gallego

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Máis información

Tema: 

Colectivo: 

Convocatoria do programa educativo "Que non te líen, ti elixes"

Logo convivencia
Gallego

Resolución conxunta de 9 de xaneiro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade pola que se convoca o programa educativo “Que non te líen, ti elixes” dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.

Colectivo: 

Resolución definitiva de centros públicos beneficiarios das axudas para a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos no curso 2023/24

Logo linguas
Gallego

Xúntase a Resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 2023/2024.

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria Erasmus+ para persoal de FP superior. Proxecto KA131-HED-000064182

Gallego

Publícase a Resolución do 27 de decembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182 e persoal da Dirección Xeral de Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais, a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente resolución no portal educativo.

Colectivo: 

Aulas de emprendemento na Formación Profesional. Convocatoria 2024

Gallego

Convócase o programa de Aulas de emprendemento destinado a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que impartan ensinanzas de Formación Profesional durante o ano 2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 10 de xaneiro ata o 20 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Colectivo: 

Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar

Logo Educonvives
Gallego

 

Xúntase o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar.

 

Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento de acoso e ciberacoso escolar

Logo Convivencia
Gallego

 

Xúntase o Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento de acoso e ciberacoso escolar, actualizado.

 

Premios a proxectos de innovación na Formación Profesional. Convocatoria 2024

Gallego

Publicada a convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 9 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Colectivo: 

Resolución da convocatoria do IX Concurso de Traballo por Proxectos para o curso 2022/23

Proxectos
Gallego

Xúntase o arquivo coa resolución pola que se fai pública a relación de centros premiados conforme o Apartado 9 da Resolución do 13 de abril da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se convoca o IX Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para o curso 2022/2023.

Colectivo: 

Convocatoria para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada 2024

Gallego

Convócase o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 9 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Colectivo: