Gallego

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos e profesores de música e artes escénicas (593 e 594), e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño(595)

Gallego

Publícase a resolución do 5 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593), do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) e do corpo de profesores de artes plásticas e deseño (595) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 6 de outubro ata o día martes 17 de outubro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 6 de outubro de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)

Gallego

Publícase a resolución do 5 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 6 de outubro ata o día martes 17 de outubro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 6 de outubro de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A)

Gallego

Publícase a resolución do 5 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ venres día 6 de outubro ata o día martes 17 de outubro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ venres día 6 de outubro de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023/24

l
Gallego

Xúntase a Resolución do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación,Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/24.

Acceso á aplicación: https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos

  • O prazo de solicitude remata o 6 de novembro.

Colectivo: 

Convocatoria dos Clubs de Lectura, en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, durante o curso 2023/24

cl
Gallego

Publícase a Resolución do 2 do outubro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva  o funcionamento de Clubs de Lectura en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, durante o curso 2023/24.

  • O prazo límite de presentación de instancias será de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria.

 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2023/24

lf
Gallego

Publícase a Resolución do 28 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no programa Lectura e Familias, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), para promover a lectura e o uso responsable da información entre os distintos sectores da comunidade educativa, en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación especial, secundaria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2023/24.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo.

 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de Biblioteca Creativa para centros públicos que acollan ensinanzas de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2023/24

bc
Gallego

Publícase a Resolución do 28 de setembro de 2023 setembro da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación no proxecto de Biblioteca Creativa, no contexto do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) para apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación, en espazos creativos e cooperativos no seo das bibliotecas escolares dos centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades,que acollan ensinanzas de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para curso 2023/24.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo.

 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria de Radio na Biblio, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros públicos integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2023/24

rb
Gallego

Publícase a Resolución do 28 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se convoca a participación no proxecto Radio na Biblio, para a introdución da radio nas bibliotecas escolares dos centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que acollan ensinanzas de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2023/24.

  • O prazo de presentación de solicitudes, será de quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no portal educativo.

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 25 de setembro de 2023, pola que se convoca o I Premio ConVivimos 2023 de convivencia e benestar emocional para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2022/23

c
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, vén de convocar a primeira edición do I Premio ConVivimos 2023 de convivencia e benestar emocional. O galardón vai dirixido aos centros docentes públicos dependentes desta consellería e está dotado dunha contía total de 18.000 euros.

Este galardón nace co obxecto de recoñecer, a través de actuacións e proxectos de carácter individual e/ou colectivo, o esforzo e alto grao de compromiso dos centros educativos na mellora da convivencia e do benestar emocional. Este premio forma parte da Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 estando financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional a través do Programa de Bienestar Emocional no ámbito educativo.

Para o curso 2023-2024 os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.

Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.

Concederase para cada categoría, catro premios:

 

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Mención de honra

500 €

B

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Mención de honra

500 €

 

Cada centro docente poderá presentar unha soa solicitude, na que se recollerán, nunha memoria descritiva, o conxunto de actuacións levadas a cabo polo centro en materia de convivencia e benestar emocional.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na web da consellería (http:// www.edu.xunta.gal/portal/ ).

Colectivo: 

Sección: 

Matrícula nas probas libres das escolas oficiais de idiomas

Gallego

Na Instrución 11/2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional, regúlanse as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime libre para o curso 2023/24.

Prazo de inscrición: do 2 ao 20 de outubro de 2023

Máis información: Instrución 11/2023  

Colectivo: 

Sección: