1ºBAC
O vindeiro xoves día 9 de febreiro o alumnado de 1º e 2º de BAC acudirá a Santiago de Compostela a visitar as facultades universitarias. Sairán a segunda hora e regresarán a última, habendo clase a primeira hora.
Conferencia "É posible outro Holocausto?", impartida hoxe por Xoán Garrido Vilariño, profesor da Facultade de Traducción e Interpretación da Universidade de Vigo dentro da homenaxe a compañeira e profesora de Francés, Chus Martelo Cao, falecida hai dous cursos. A esta actividade acudiron alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato. Na introdución houbo unhas emotivas palabras do director, recordando a profesora falecida na súa faceta profesional e tamén na persoal. Coordinou Isabel Martínez Rodríguez e organizou o Departamento de Francés.
O vindeiro martes 31 de xaneiro, nas dúas horas da tarde, o alumnado de 4º ESO B, 1º BAC B e 2º BAC B acudirá a unha charla sobre romanización en Galicia organizada polo Depto. de Linguas Clásicas.
![RSS - 1ºBAC Distribuir contido](/centros/iesxulianmagarinos/misc/feed.png)