Act. Extraescolares
Para ver algunas fotos das actividades organizadas en Titorías entre Iguais (TEI), clica na seguinte foto:
Este ano celebramos o Día das Letras Galegas cun acto moi especial do que tiveron moita culpa os rapaces do instituto Xulián Magariños de Negreira.
No 4º día da viaxe a Londres fixeron a visita a Cañada Blanch, para ver algunhas fotos:
Fotos do terceiro día da Viaxe a Londres do alumnado de 3º ESO da sección bilingüe, acompañados polos profesores, Clara Cristela Rodríguez Núñez e o vicedirector, Amancio Liñares Giraut:
Fotos do segundo día da Viaxe a Londres do alumnado de 3º ESO da sección bilingüe, acompañados polos profesores, Clara Cristela Rodríguez Núñez e o vicedirector, Amancio Liñares Giraut:
IRIA FREIRE AGRA (3º ESO B) foi gañadora do 3º premio no concurso "Ciencia que Conta" 2016 co relato científico "A vida dende o principio". A Gala de entrega dos premios tivo lugar na Fundación Barrié en Vigo o sábado 7 de maio.
Nesta edición tamén foi seleccionado o relato "As memorias do 204" da alumna Carla García Vázquez de 3º ESO A.
Máis información en www.cienciaqueconta.com
O pasado martes, un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato de letras asistiron aos obradoiros de cultura clásica celebrados na facultade de filoloxía de Santiago de Compostela entre os que estaban o de música, cociña, moda e un intinerario mitolóxico. Os resultados foron gratificantes. Velaí podedes ver unha pequena mostra de cada un deles.
Éxito do alumnado e da campaña "A un paso de ti". Nos dous primeiros días de campaña 13 empresas de Negreira asinaron, co departamento de Comercio e Márketing, para participar na mesma convencidos da súa utilidade.