Vicedirección
Hoxe un grupo de alumnos procederon á lectura pública dos Dereitos da Infancia. Aprobados na ONU o 20 de Novembro de 1959, hai case 60 anos, seguen estando plenamente vixentes e xustificados. Aínda hoxe están lonxe de ser respectados en moitos países, incluído o mal chamado primeiro mundo. Os alumnos reflexionaron sobre eles e fixeron pequenas modificacións para adaptalos á realidade do século XXI. Bo traballo!
Hoxe no auditorio de Negreira o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO e FPB puido disfrutar dunha divertidísima representación teatral a cargo do grupo de teatro Cabareteiros, da escola de teatro municipal de Negreira. "Selfie a go go", dirixida por Sandra Lesta, unha intelixente parodia sobre a evolución do xeito de comunicarnos en familia e entre amigos. Grazas por colaborar con nós de xeito desinteresado e moito éxito coas vosas montaxes teatrais.
O alumnado de sección bilingüe que viaxou a Londres fixo unha visita ao alumnado do Instituto Español Cañada Blanch de esa cidade. É a sexta vez que se produce un encontro así.
O xoves, día 24 de maio, celebramos un emotivo acto de graduación (1ª vez que o facemos), para despedir ao noso alumnado de 2º BACH. Tivo lugar no salón de actos (que encheuse completamente) estando invitadas as familias e todo o profesorado. Fixo a presentación o director do centro, Adelino José Pose Reino, a continuación a titora, María Rey Rey e a xefa de estudos, María Branco Crespo tomaron a palabra en nome do profesorado e para finalizar interviñeron Fátima Fathallah Ezzine e José Caamaño Noya que deron a réplica por parte do alumnado. Como presentadora a vicedirectora, Clara Rodríguez Núñez e tamén estivo na mesa de presidencia o titor Paulo Rendo Martínez. No trancurso do acto fíxose entrega de diplomas ao alumnado e proxectouse un vídeo sobre a súa estancia no instituto. A destacar as fermosas actuacións musicais de Lara López Súarez acompañada na guitarra por Samuel Lema Capeáns e a de Jonathan Blanco Vieites coa que finalizou o acto. Moita sorte na vosa nova etapa.
Próximamente teredes á vosa disposición as fotos do acto e tamén o vídeo en XeMa.TV.
A iniciativa do alumnado de 3º que participará na visita a Londres no mes de maio, organizouse a actuación do monologuista Pedro Brandariz o vindeiro venres 13 de abril no Auditorio Novo do Centro Sociocultural de Negreira.
O prezo das entradas é de 5 € co que esperamos cubrir os gastos e recadar unha axuda para a viaxe.
Así que contamos con todos vós. Podedes comprar as entradas na conserxería ou falar con Lara López (3º ESO B)
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Este curso a excursión de 4º de ESO cambia de lugar. Despois de varios anos visitando Asturias e Cantabria o alumnado de 4º escolleu Portugal, en concreto Lisboa e arredores como destino. Serán 45 rapaces e rapazas acompañados dos profesores Nuria Araujo, Margarita Gil e José Luis Mateos os que disfrutarán desta viaxe. Moita sorte e que o pasedes moi ben.
Algunha foto (todas dispoñibles no Facebook)
Dentro das actividades para formación do profesorado do centro organízase durante os dous vindeiros mércores 17 e 24 de xaneiro unhas sesións de traballo sobre protocolos de detección e tratamento da dislexia a cargo da profesora Paula Outón da facultade de Ciencias da Educación da USC.
Durante esta semana terán lugar no centro diversas actividades para concienciar á comunidade educativa e en especial aos xóvenes contra a violencia machista. Entre esas actividades estarán a proxección de diversas curtametraxes, conferencias, un recital poético ou a gravación de videoclips.