Comunicados
Honrados de que o noso ximnasio leve o nome de Alba Cuns Iglesias. Onte, nun emotivo acto, Alba procedeu a colocar a placa co seu nome na porta de acceso. Nese acto tamén estreouse un vídeo realizado pola profesora Leticia Riestra no que se recolle a súa traxectoria deportiva e persoal nestes anos.
É unha excelente alumna que se gradúa este ano en Bacharelato con matrícula de honra e como todos vós sabedes, tamén unha excepcional deportista cunha enorme proxección.
Alba é ademáis un exemplo de capacidade de traballo e sacrificio, e de que ese sacrificio ao final da os seus froitos.
Durante estes últimos anos o noso ximnasio foi parte clave dos seus entrenamentos, de ahí que pensemos que ningúen mellor que ela para darlle nome.
O mércores 20 publicouse no BOE o real decreto polo que o uso de máscaras en interiores deixa de ser obrigatorio. Isto inclúe tamén o interior dos centros educativos, polo que a partir dese día o seu uso nas aulas e corredores do instituto será voluntario. Porén, recoméndase realizar un uso responsable da máscara entre a poboación vulnerable en calquera situación na que se teña contacto prolongado con persoas nunha distancia menor de 1,5 metros. Insistimos de forma especial en que aquelas persoas que dean positivo nun test de antíxenos, pero non teñan síntomas de ningún tipo e decidan realizar as súas actividades de forma normal, utilicen sempre a máscara e limiten ao máximo os seus contactos.
En caso de facer uso do transporte escolar as persoas de máis de seis anos de edade están obrigadas ao uso da máscara no interior do vehículo agás nos supostos recollidos na norma.
Moitas grazas pola vosa colaboración. A dirección
Neste apartado publicarase todo o referente ao proceso electoral para a renovación do Consello Escolar do centro. O Consello Escolar é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores da Comunidade Educativa.
1. Constitución da Xunta electoral (VER COMUNICADO EN PDF). Sorteo o 28 de outubro.
2. AVISO 2/11/2021 : Atópase publicada no taboleiro de anuncios do centro a seguinte documentación: convocatorias de eleccións ao Consello Escolar nos distintos sectores educativos (profesorado, alumnado e PAS), calendario electoral e censos electorais.
3. O proceso electoral efectuarase para os sectores de profesorado, PAS e alumnado. Aberto o prazo para presentación de candidaturas ata o 12 de novembro.
4. REMATADO o prazo de presentación de candidaturas. Neste PDF adxunto poden consultar as candidaturas aceptadas.
5. ELECCIÓNS: O alumnado, profesorado e P.A.S. efectuará as súas votacións durante o luns 22 de novembro.
6. ACTA FINAL CO RESULTADO DAS VOTACIÓNS (25/11/2021) (PDF Adxunto)
NORMATIVA
O 7 de decembro non será lectivo no IES Xulián Magariños por ser o día concedido pola Consellería de Educación en sustitución do festivo local que coincide fora do calendario escolar.
Estimadas familias. O libro de castelán que aparece na folla de libros adxudicados ao alumnado de 2º ESO será proporcionado directamente polo departamento de Lingua Castelá en próximas datas.
Hoxe publicamos a adxudicación definitiva do Fondo solidario de libros de texto. Poden consultar os libros que lle foron adxudicados a través de internet, coma sempre, na aplicación FONDO LIBROS, se dispoñen de certificado dixital ou chave 365. Usen esta opción preferentemente.
No caso de que non podan facelo de xeito telemático (o que recomendamos) as listaxes estarán dispoñibles no taboleiro de anuncios interior do centro. NON se poden tirar fotografías das listaxes, por normativa de protección de datos, e só pode estar unha persoa no interior do centro. Eviten as aglomeracións e permanezan no exterior do recinto mentres haxa alguén consultando as listaxes.
NOTA: As listaxes de libros son para alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. O alumnado de 1º ESO está incluido no Proxecto EDIXGAL. O alumnado de 1º ESO que teña dereito a vale de material escolar recibirá a maiores os libros de texto das materias de Matemáticas, Inglés e Xeografía e Historia, materias non incluídas no proxecto Edixgal. De haber libros sobrantes procederase ao seu sorteo.
O mércores 15 de setembro, día de inicio de curso, será o día adicado as presentacións. Non haberá servizo de transporte escolar.
O alumnado acudirá a hora indicada e esperará no exterior, gardando as distancias de seguridade, a ser chamado polo seu titor/a. Unha vez rematada a presentación deixarán o centro.
As clases comenzarán no seu horario habitual o xoves 16, día en que xa funcionará o transporte escolar. Retomamos o horario habitual de hai 2 cursos, sendo a xornada de mañá de 8:45 a 14:25, e o martes pola tarde de 16:20 a 18.00. (os ciclos medio e superior teñen outro horario)
IMPORTANTE: INFORMACIÓN PROTOCOLO COVID
Toda a información referenta ao protocolo de actuación, as medidas adoptadas polo centro e as medidas de obrigas de familias e alumnado as teñen no apartado COVID do menú Curso 21-22 desta web
O vindeiro martes, 14 de setembro, pola tarde, terán lugar as tradicionais reunións informativas para as familias do alumnado de 1º ESO.
Debido á limitación de aforo do salón de actos obrigada polo protocolo sanitario, celebraranse en 3 quendas en correspondencia cos grupos de alumnado existentes pudendo asistir únicamente UNHA PERSOA por familia. Pregase que o alumnado NON asista á reunión xa que o día seguinte terán unha xornada de presentación específica. Os asistentes esperarán fora do centro ata ser chamados.
O horario será o seguinte
- FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO A : 18:00 horas
- FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO B : 18:30 horas
- FAMILIAS DO ALUMNADO DE 1º ESO C : 19:00 horas
Poden consultar en que grupo está incluído o alumnado no seguinte documento de asignación de grupos
Resumimos neste cadro as datas sinaladas de setembro en relación ao inicio de curso. O alumnado de 1º , 2º e 3º ESO que tivera que realizar as probas extraordinarias de setembro formalizará a súa matrícula preferentemente o día 6 de setembro e o alumnado de 4º ESO e bacharelato o día 7. (Información sobre os impresos de matrícula e a documentación adicional a presentar ). A devolución dos libros de texto farase en conserxería os días 1 e 2 de setembro coincidindo coa asistencia aos exames.
NOTA: Este calendario queda pendente de aprobación pola inspección educativa e de calquera nova orde que dean as autoridades sanitarias.
En 1º de ESO, no que respecta ás materias que NON entran dentro do Programa Edixgal e polo tanto necesitan libro de texto (Matemáticas, Xeografía e historia, Inglés e Francés) o centro dispón das seguintes existencias : Matemáticas: 49 libros, XH: 51 libros, Inglés:67 libros e francés: 17 libros, que serán repartidos entre o alumnado.
O consello escolar acordou que no reparto se priorice ao alumnado con menor renta polo que se prestarán en primeiro lugar ao alumnado que resulte adxudicatario das axudas para adquisición de material escolar. De haber libros sobrantes procederíase a un sorteo dos mesmos entre o alumnado restante. A falta da matrícula definitiva en setembro case podemos asegurar que o alumnado adxudicatario do vale de material escolar recibirá en préstamo por parte do centro os libros de Matemáticas, Xeografía e Historia e Inglés.
Como o reparto final non o podemos coñecer ata ter os datos de matrícula definitiva en setembro solicitamos ás familias que non se apresuren en mercar os libros de texto.