Na prensa
Alumnado de 2º de Bac difundiu o proxecto de fabricación de conectores para cúpulas xeodésicas na maior mostra científica escolar que se celebra en Galicia. Galiciencia tivo lugar os días 22, 23 e 24 de novembro en Ourense.
Tras varios anos estropeado, por fin está arranxado o ascensor do edificio novo, que facilitará o desprazamento as persoas que o necesiten e facilitará tamén labores de traslado de cargas pesadas. Ademáis este fin de semana rematou o asfaltado do novo parking lateral que permitirá usar o parking da entrada como espazo para diversas actividades escolares e lúdicas.
O proxecto presentado polo profesorado de ciclos formativos foi ben acollido polos pais e nais do alumnado.
Dan comezo as actividades. Onte charla moi interesante de Xurxo Mariño, sobre memoria e neurociencia. O poñente mostrouse disposto a vir algún día a partir de xaneiro para impartir outra conferencia ao alumnado. O profesorado proxecta facer algún proxecto nas distintas áreas en relación coa memoria nas súas diferentes acepcións.
Ademáis os compañeiros/as propoñen que o premio científico do curso próximo leve o seu nome.
Pulse na imaxe para ampliar