Saltar navegación.
Inicio

Contrato Programa

HISTORIA DUN MURAL. PASO A PASO.

Baixo a dirección de Begoña, profesora de Educación Plástica e Visual, o alumnado da ESO está facendo un mural no patio. Aquí podes seguir o seu proceso.

TORNEO DE BALONCESTO NOS RECREOS.

Deu comezo o torneo de baloncesto nos recreos, cunha grande aceptación tanto por parte dos e das participantes coma dos siarieiros nas bancadas. O partido inaugural foi espectacular. 

A participación é moi alta, fixéronse dous grupos de competición, pois se anotaron 10 equipos.

A arbitraxe é de alto nivel. O xogo é super intenso, hai triplas, fintas, auténtica profesionalidade. A continuar.

O alumnado de 2º de ESO coñece os TESOUROS DO VAL MIÑOR

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO fixeron a ruta: Un mar de area, un mar de sentidos. Percorrido dende Praia América á altura das Dunas de Gayfar ata Ramallosa pasando polo Monte Lourido, interpretando a paisaxe e os valores naturais coa flora e fauna do lugar. A ruta estivo  guiada polo persoal do Obradoiro Valmiemprega III. Grazas a todos eles e elas pola súa iniciativa e interese.

OBRADOIRO SOBRE A TRATA DE SERES HUMANOS PARA O ALUMNADO DE 4º DA ESO

Ádega Castro, responsable en Vigo do Proxecto Novicom, dirixido a fomentar o coñecemento e a sensiblización cara as persoas de trata, realizou este 5 de abril, un obradoiro co alumnado de 4º de la ESO co obxectivo de achegar aos adolescentes esta realidade silenciada e incómoda, coñecida como a escravitude do século XXI. Este fenómeno o  sofren especialmente as mulleres e as nenas explotadas sexualmente e laboralmente, no servizo doméstico, para contraer matrimonios forzosos, para a extracción e venda de órganos, para pedir esmola,etc.

O VALOR DO VOLUNTARIADO SOCIAL. Ser solidario/a con pequenas accións.

Dende a fundación Amigos de Galicia, Nuria Costa, explicoulle ao alumnado de 4º da ESO o valor do voluntariado social. Como ser solidario con pequenas accións.

CHARLA DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL PARA O ALUMNADO DE 3º DA ESO.

O alumnado de 3º da ESO recibiu unha charla sobre educación afectiva e sexual impartida por Fe Framil e Ramón González.

MEDRANDO EN IGUALDADE

Nuria Costa, da fundación Amigos de Galicia, impartiu  unha charla- coloquio para o alumnado de 3º de ESO que levou por título: Medrando en IGUALDADE. Nela tratáronse temas como estereotipos de xénero, violencias machistas, micromachismos....

XEOMETRÍA E PLÁSTICA

TRABALLANDO A COMPETENCIA MATEMÁTICA E AS ARTES.

O ALUMNADO DE 1º DE BACHARELATO VISITA A UNIVERSIDADE DE VIGO.

O alumnado de 1º de Bacharelato visitou a Feira de estudos da Universidade de Vigo e coñeceu o clima universitario.

O ALUMNADO DE 1º E 2º DE BACHARELATO ACHEGANSE AO MUNDO DOS NANOSATÉLITES.

Aarón Nercellas de Alén Space, empresa pioneira do New Space e, nacida na área de nanosatélites da Universidade de Vigo cuio obxectivo é comercializar  solucións vinculadas coa tecnoloxía aeroespacial achegouse ao noso centro para falarnos desta temática. Na foto alumnos cunha maqueta do Lume-1 lanzado no Soyuz-2.1a desde o cosmódromo ruso de Vostochny que será unha valiosa ferramenta para a detección temperá de incendios forestais.

Distribuir contido