Saltar navegación.
Inicio

STEMbach, Contrato Programa

PROXECTOS 1º ESO BIOGAL

O alumnado de 1ºESO, no traballo por proxectos das materias Lingua Galega e Bioloxía, creou cadansúa peza teatral para representar a adaptación e supervivencia dos seres vivos. A peza de 1º A dirixe o futuro dos reinos en ELECCIÓNS NO BOSQUE. En 1º B presentan un interesantísimo CONGRESO DA BIODIVERSIDADE. E a clase de 1ºC vivirá unha gran aventura en MISIÓN SALVAR O BOSQUE. A semana do 24 de maio, no ronsel das letras, estreamos as nosas pezas. Para non perder!

RECICLANDO A TOLERANCIA

O instituto zumega e bule coa actividade neste final de curso. 

POSTA A PUNTO DAS CANCHAS DE XOGO.

Repintáronse as porterías, cambiáronse as redes das porterías e das canastas e marcamos de novo as liñas das canchas deportivas, para atraer de novo ao alumnado a este espazo de actividade, tras un ano de pandemia duro. Esperemos todo vaia indo a mellor e poidan voltar a estar cheas de alumnado facendo práctica deportiva con normalidade.

TRABALLANDO A COMPETENCIA MATEMÁTICA COA ÁREA DE EDUCACIÓN PLÁSTICA E AUDIOVISUAL.

Exemplo do ben que combinan as áreas de  educación plástica e audiovisual e de matemáticas. Traballo do alumnado de 1º de ESO.

BLOG DO STEMBach

O equipo STEMBach presenta o seu novo blog. Para acceder CLICA        

O alumnado de 1º de ESO traballando nos seus proxectos.

 Alumnado de 1º de eso traballando o ciclo da agua.

Distribuir contido