Saltar navegación.
Inicio

MEMORIAS DOS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN

En 2018, no IES Val Miñor botamos a andar unha iniciativa que chamamos Traballos de investigación de Bacharelato. Tratábase de que o alumnado que quixera (e superara uns criterios académicos no propio curso) fixera un traballo de investigación, guiado por un/ha docente, de entre as posibilidades ofrecidas polos departamentos didácticos.

A finais do curso pasado presentáronse os primeiros traballos de investigación, e un ano despois ten lugar a presentación do segundo grupo de traballos. Este ano, a nosa iniciativa foi combinada co proxecto Stembach, programa no que o IES Val Miñor entrou na convocatoria actual.

Catro alumnas (María Valtierra, Nair López, Laura Chamorro e Lucía Fontela) farán a súa exposición, ante dous tribunais formados por docentes do noso centro, este xoves, día 13, a partir das 17 da tarde, na sala de usos múltiples. Dous dos traballos foron titorizados pola profesora Rosa Hernández e os outros dous, polo profesor Juan Hermida.

Vaia por diante os nosos parabéns, tanto ás alumnas como aos titores, por poñer o esforzo e o interese necesarios para que a investigación (voluntaria, rigorosa e orixinal) faga unha aportación de tanto nivel á nosa comunidade educativa.

Seguimento en prensa :

https://www.farodevigo.es/comarcas/2021/05/13/ies-val-minor-lanza-cuatro-51747801.html

https://valminortv.com/2021/05/12/alumnas-e-investigadoras-no-ies-val-minor/

https://telemarinas.com/cuatro-alumnas-del-ies-val-minor-defenderan-sus-trabajos-de-investigacion-delante-de-un-tribunal/