Actividades Dinamización
Entrevista ao Alcalde Juan González
O alumnado de 3PMAR continúa investigando sobre o ocio en Nigrán durante o século XX, dentro do proxecto ANTÓN FRAGUAS inserido nos PROXECTA+ da Consellería de Educación.
O pasado 11 de febreiro recibimos na radio da biblio a Juan González, quen nos trouxo as memorias da vila como alcalde, historiador e veciño.
Foron 20 minutos de charla ben entretida na RADIOTECA VAL MIÑOR, o noso programa que podedes escoitar NESTE PODCAST.
NOVA DATA PARA FESTEXARMOS O DÍA DE ROSALÍA: 23 DE FEBREIRO
A aparición de nova documentación sobre a verdadeira data de nacemento fixo que este ano adiantemos un día a celebración.
Neste mes de febreiro tamén celebramos o 21 de febreiro Día da Lingua Materna promovido pola Unesco que moito tén que ver co noso Día de Rosalïa!!! O recoñecento das linguas e da cultura propia é parte imprescindible na formación do noso alumnado.
https://www.depo.gal/-/dia-de-rosalia
https://axendacultural.aelg.gal/2022/02/17/dia-de-rosalia-de-castro-2022/
RADIOTECA VAL MIÑOR: comezamos a gravar!
O pasado 4 de febreiro comezamos as gravacións de RADIOTECA VAL MIÑOR, a radio escolar que puxemos a andar no IES.
Foi o alumnado de 3ºPMAR quen creou este programa iniciando unha xeira de entrevistas para coñecermos os lugares de ocio en Nigrán no século XX, coa angueira de salvagardar a memoria colectiva deses lugares que na súa inmensa maioría xa non existen. Este traballo de investigación fai parte do Proxecto Didáctico Antón Fraguas, dentro do programa PROXECTA+ da Consellería de Educación.
MEDOMEDÁ: alumnado contacontos
O mércores 3 de novembro, pola volta de Samaín e Santos, alumnado de 2ºESO do IES foi contarlle historias de medo (e de chiste e amizade) ás cativas e cativos CEIP Humberto Juanes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »