Saltar navegación.
Inicio

FAME CERO

Durante o mes de marzo,antes do inesperado confinamento, propúxose ao alumnado de 1° ESO, por parte de estudantes de 2° de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, a participación nun concurso de carteis para tratar o tema do " Segundo Obxectivo de Desenvolvemento sostible da ONU: Fame cero". 
A participación foi elevada grazas ao ánimo que transmitiron ao alumnado os profesores Beatriz Fernández Argibay, de EPV e Lingua galega e literatura, e Ramón Sueiro, de Xeografía e Historia. Agradecémoslles a eles o seu traballo e o interese que amosaron os participantes.
Aquí tedes os gañadores e a noticia que se publicou sobre o evento no "Observatorio cidadán de comunicación "