AFRICA GONZÁLEZ É A GALARDOADA CO PREMIO MULLER CIENTÍFICA IES VAL MIÑOR 2018
Faro de Vigo: África González recibe con orgullo o premio do IES Val Miñor
Actualmente é a presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e catedrática da Universidade de Vigo, onde tamén dirixe o Centro de Investigación Biomédica. Ademais da súa carreira investigadora, África González destaca tamén na súa faceta emprendedora como cofundadora de Nanoimmunotech, unha compañía que actualmente desenvolve nanopartículas e produtos de diagnóstico para farmacéuticas e empresas biotecnolóxicas de 45 países. Recentemente, foi incluída entre as 12 finalistas dos premios europeos ás mulleres innovadoras que concede a Comisión Europea.
O premio entregarase o luns día 19 de febreiro ás 17 horas no Salón de actos do instituto Val Miñor de Nigrán.