Saltar navegación.
Inicio

O BOLO CELTA VAL MIÑOR NEXO DE UNIÓN CO KEGEL ALEMÁN

O instituto organiza desde hai anos un intercambio cun instituto de Friburgo, e entre outras moitas actividades, este martes 26 de setembro, realizouse unha xornada de bolos celtas, coas 24 alumnas alemanas, que visitaron o noso centro durante estes días .

Pareceunos oportuno, dar a coñecer o noso patrimonio cultural inmaterial. Neste caso a través dos bolos celtas. Pois, sabías que a súa orixe, non é celta? 

Temos un nexo de unión entre Alemania e Galicia, neste deporte popular. Pois a teoría máis aceptada sobre a súa orixe, é que procede dun rito relixioso alemán do século IV, denominado Heidenwerfen (Heide significa ateo en alemán).

Neste século os gemanos levaban un pau chamado Kegel, que tiña forma cónica e que utilizaban como utensilio para o traballo e para defenderse.

O rito realizábase nas igrexas, e consistía en colocar o Kegel (pau) no chan, e derrubalo cunha pedra. Cando se derrubaba o Kegel, simbolizábase que se derrubaba o mal, o pagano o ateo.

O home pola súa natureza é homo ludens, coma di o historiador Huizinga, e convertiu este rito relixioso, nun xogo .

Se queres saber máis sobre os bolos, tanto os celtas, coma as outras modalidades de bolo tradicional existente en Galicia CLICA AQUÍ

A continuación se CLICAS NA FOTO, terás imaxes de cómo foi esta xornada de aprendizaxe e intercambio cultural.

Grazas coma sempre a Isidro e a Blanca.