Saltar navegación.
Inicio

ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO VISITA A ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA

Alumnos de 2º de Bacharelato visitaron o luns vintecinco de maio a escola superior de arte dramática de Galicia onde se ofrece o título de Grao en Arte Dramática, nas especialidades de Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía e interpretación. A profesora Irene Moreira ensinounos as distintas instalacións da escola, explicounos as probas específicas de acceso  e tivemos a sorte de ver a mostra de danza da que se examinaban os alumnos e alumnas de primeiro curso.